Dende a CIG Autonómica na comarca de Compostela facemos un chamamento a participación na folga de mulleres que terá lugar o 8 de marzo, no marco dunha xornada internacional de folga, paros e mobilizacións para reivindicar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia.
Está convocada xornada de folga de 24h e tamén paros de 2h en cada quenda de traballo, opción pola que se decanta a CIG, completada con mobilizacións diante dos principais centros de traballo ou puntos neurálxicos (ver cartaz).
Chamamos a secundar este paro de mulleres para seguir reivindicando neste 8 de marzo que queda moito por facer pola igualdade e por visualizar a contribución de todas as mulleres do mundo. Unha mobilización que permita visibilizar a situación que padecemos as mulleres, para esixir a mellora das nosas condicións sociolaborais e a fin das discriminacións laborais (fenda salarial, atrancos nos dereitos de conciliación, acoso laboral, sexual e por razón de sexo e identidade, xornadas parciais, dobre xornada, et.c) mais tamén para que se adopten medidas inmediatas para rematar coa violencia machista (sexual, agresions, feminicidios).
Neste senso, a Secretaría das Mulleres da CIG, con esta convocatoria, fai un chamamento ás mulleres tamén para que se absteñan de asistir as clases, de realizar traballos domésticos ou de coidado, e ao tempo, realizar un boicot ao consumo.
Neste senso, a Secretaría das Mulleres da CIG, con esta convocatoria, fai un chamamento ás mulleres tamén para que se absteñan de asistir as clases, de realizar traballos domésticos ou de coidado, e ao tempo, realizar un boicot ao consumo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario