Achega Función Pública un borrador sobre os criterios de repartición do FAS (Fondo de Acción Social) para o 2017. Como o resto de anos, desde o 2012 incluído, este fondo só contempla axuda social para atención á persoas con discapacidades ao cargo da traballadora ou traballador público.
Por moito que outras centrales nos veñan vendendo a moto dos grandes preacordos asinados en Madrid, seguimos peor que a comezos do 2010 en perda de dereitos e de poder adquisitivo. Un acordo, por certo, que venden como se fose a executarse directamente de hoxe para mañán e aínda que fora certo e inmediato seguiríamos moi lonxe da tan cacarexada recuperación. De momento, aquí, sobre a mesa o único que nos botou a Xunta foi este acordiño sobre o que queda do Fondo de Acción Social, ridículo para o que é a Xunta en comparación con outras empresas de tamaño semellante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario