A CIG rexeita o acordo retributivo para persoal das administracións públicas asinado por CCOO, UGT e CSIF co goberno do PP pois non inclúe a recuperación “do roubado” nin vincula as subas salariais ao IPC
A Área Pública da CIG rexeitou, na Mesa Xeral das Administracións Públicas, celebrada o 14 de marzo, o acordo retributivo asinado entre os sindicatos estatais e o goberno do PP porque non inclúe a recuperación do roubado, nin vincula as subas salariais ao IPC. Ademais opúxose a que se destinen máis de 5 millóns de euros para subvencionar ás organizacións sindicais, tal e como se recolle no novo Acordo de Formación para o Emprego do persoal das Administracións Públicas.
A Área Pública da CIG –que atinxe as federacións de Ensino, Administración e Saúde- criticou duramente o acordo tras analizar a fondo o texto que xa denunciara que estaba “cociñado” fóra da Mesa Xeral de Negociación entre as cúpulas sindicais de CC.OO., UGT e CSIF e o Ministerio de Facenda.
Desvinculación do IPC
A representación da CIG denunciou na Mesa a desvinculación dos salarios do persoal das Administracións públicas da variación do IPC para indexalo ao PIB. “Este feito pode supor un grave precedente para o desfase que se poida producir entre a carestía da vida e os salarios das persoas empregadas públicas e implica o trunfo das consignas do neoliberalismo, que pretende que os salarios dependan da macroeconomía e non da realidade que temos que afrontar a diario cando pagamos unha hipoteca ou mercamos alimentos”. Unha pretensión que quedou evidenciada na intervención do ministro Montoro, cando se felicitou de que se estea a abrir un camiño que debe exportarse aos acordos salariais nas empresas privadas.
O persoal tardaría 28 anos en recuperar o poder adquisitivo perdido nos últimos 8
O que tan pomposamente se presenta como unha recuperación, poñendo o foco na suba dun 6,12% dos salarios até 2020, dista moito de ser unha realidade xa que o propio Banco de España agarda unha suba do IPC do 4,67% nese mesmo período.
A este respecto o Secretario Nacional da CIG-Administración Pública, Xavier Picón, expuxo con claridade na Mesa que o acordo asinado só permitirá recuperar un 0,48% en cada ano no período 2018-2020, e que con ese ritmo de recuperación establecido, o persoal das administracións públicas tardaría 28 anos en recuperar o 13,20% de poder adquisitivo perdido nos últimos 8 anos.
Para estes efectos, o coordinador de CIG-Área Pública propuxo na Mesa unha suba salarial adicional sobre o Acordo acadado entre o Goberno e os sindicatos estatais dun 4,40 % en cada unha das 3 anualidades, incluíndo unha cláusula de garantía salarial por desviación do IPC. Pero a proposta non foi acollida por ningunha das partes asinantes do Acordo, botando por terra calquera posibilidade de recuperación real dos salarios recortados co pretexto da crise.
Non se crea novo emprego e póñnese en cuestión miles de postos de traballo temporal
En materia de Emprego, a Área Pública da CIG conclúe que “malia a tan cacarexada mellora da situación económica, o mantemento das taxas de reposición no Acordo asinado non permite crear emprego no sector público, nin recuperar as prazas perdidas nos últimos anos nestes ámbitos. “Isto vai seguir xerando emprego temporal e inestábel e, nalgúns casos en fraude de lei, co agravante de que agora as taxas xa non veñen impostas, senón que son froito de acordo coas organizacións sindicais estatais”.
O Acordo asinado dá por bos os recortes de persoal, xa que as ofertas de emprego que poidan derivar da Lei de Orzamentos do Estado para 2018 teñen que limitarse ás prazas que quedan vacantes por xubilación, pois as taxas adicionais pactadas no Acordo son de difícil aplicación á maioría das Administracións Públicas distintas da do propio Estado, como tamén denunciou o representante da FEMP na Mesa Xeral.
O coordinador da CIG-Área Pública pediu expresamente na Mesa Xeral a supresión das taxas de reposición para permitir ás Comunidades Autónomas e Administracións Locais a recuperación de emprego público, proposta que foi tamén secundada polos representantes da FEMP e de algunha das CC.AA. presentes na Mesa Xeral das AA.PP. pero o Goberno fixo oídos xordos á nosa proposta.
Consolidación do emprego
No que ten a ver coa consolidación de emprego, o texto agora aprobado polos sindicatos estatais e o goberno supón unha ampliación do Acordo sobre estabilización do Emprego Público asinado polos mesmos protagonistas e que a CIG xa rexeitou no seu momento porque non recupera o emprego público perdido.
O Acordo limítase a consolidar “prazas estruturais que xa están ocupadas na actualidade, nuns casos por persoal temporal ou interino e noutros por persoal indefinido non fixo por sentenzas que, en ningún caso, implican incremento real de prazas nos cadros de persoal”, facendo táboa rasa das prazas perdidas no período 2010 - 2017, que se cuantifica en 270.000 postos de traballo no conxunto do Estado, e 12.000 en Galiza.
Tanto este Acordo como o de marzo céntranse exclusivamente na friaxe das cifras sen ter en conta para nada ás persoas que durante anos prestaron servizo en precario nestes postos de traballo nas diferentes AA.PP. Nada se di no Acordo sobre como se van a levar a cabo eses procesos de consolidación, pero o texto obriga a incluír todas as prazas afectadas nas próximas ofertas de emprego, o que pon “aos pés dos cabalos” a miles de persoas cunha longa traxectoria como persoal temporal, interino ou indefinido non fixo, mesmo con idades próximas á xubilación, nun fase da súa vida laboral que dificulta enormemente unha adaptación noutros ámbitos se perden o posto de traballo nun momento fulcral da súa carreira de cotización.

Nin rescate salarial, nin recuperación de emprego e de dereitos
A Área Pública da CIG asegura ademais que con este Acordo tampouco se recuperan os dereitos laborais suprimidos: no que ten a ver coa xornada laboral, ao quedar a posibilidade da redución condicionada ao cumprimento dos obxectivos en materia de estabilidade orzamentaria, débeda pública e regra de gasto, unhas administracións poderán negociar a redución e outras non.
Isto vai dar lugar a distintas xornadas laborais entre as persoas empregadas das distintas AA.PP., en función da situación económica de cada Entidade, sen que en ningún caso sexan estas persoas as responsables da xestión económica en cada ámbito, o que foi tamén moi criticado por algúns representantes das CC.AA. que interviñeron na xuntanza da Mesa.
Sobre a retribución das baixas por I.T. , o Acordo deixa na man de cada administración a posibilidade de complementalas ata o 100%, cando os sindicatos tiñan na man forzar ao Goberno do Estado a derrogar as leis e normas que nos penalizan por enfermar.
Tampouco se recolle nada no texto sobre a restitución de permisos recortados, sobre a xubilación parcial para o funcionariado do réxime xeral ou a xubilación anticipada do persoal das Policías Locais.
“Por iso non é doado entender que os sindicatos, que até hai semanas falaban de recuperar o arrebatado e da dignidade das e dos empregados do sector público, acepten agora pechar en falso esta negociación, cando o único que se precisaba era a derrogación das leis que introduciron os recortes, mantendo intacta incluso toda a lexislación restritiva de dereitos de participación e negociación colectiva, e facendo táboa rasa de todas as reivindicación sindicais anteriores”.

5 millóns de euros para formar cadros sindicais, a cara B da Mesa Xeral de Negociación
Na orde do día da reunión da Mesa Xeral de Negociación das AA.PP. o goberno incluíu unha proposta para asinar cos sindicatos a modificación do actual Acordo de Formación para o Emprego das AA.PP. (AFEDAP). O texto supón a adaptación ao novo marco da formación profesional no ámbito laboral, mais presenta no seu articulado unha novidade a salientar: todo un capítulo destinado ao financiamento de accións formativas dirixidas a cadros sindicais das diferentes organizacións sindicais con representación no sector público.
Nun documento previo, que recibiu un informe negativo da Avogacía do Estado, pretendíase incluír nese financiamento ás organizacións sindicais a representantes que nin sequera fosen empregados públicos, algo que finalmente foi retirado do texto que se presentou na Mesa, xa que sería abertamente ilegal.
A Área Pública da CIG amosou a súa desconformidade con este apartado do Acordo ao entender que a formación interna dos delegados e delegadas sindicais debe ser sufragada cos fondos propios das organizacións sindicais e que os cartos de formación deben destinarse na súa integridade a formar a todos os traballadores e traballadoras públicas, reforzando a formación continua.
Na propia Mesa, o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, preguntou directamente a Secretaria de Estado de Facenda pola contía que se destinará ao financiamento desta formación sindical, xa que ese dato non formaba parte da documentación entregada. A Secretaria de Estado afirmou que sería superior aos 5 millóns de euros, o que implica que un 9% do total dos 58 millóns de euros dos plans de formación serían para formar a cadros sindicais. O texto contou co apoio de CC.OO., UGT e CSIF. Porén a representación da Área Pública da CIG na mesa amosou a súa preocupación polo control do gasto deses recursos. Preocupación que só foi compartida polo sindicato vasco ELA.
Pódese acceder á información completa co posicionamento da CIG na Mesa Xeral nesta ligazón.

Ningún comentario:
Publicar un comentario