venres, 27 de abril de 2018

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 27 - Correcta determinación da continxencia nun proceso de IT

http://www.cigsaudelaboral.org/files/documentos/Boletin%20CIG%20Saude%20Laboral%20N%C2%BA%2027.%20Version%20galego.pdf
A miúdo os traballadores e traballadoras padecen as consecuencias derivadas dunha incorrecta determinación da continxencia que da lugar á incapacidade temporal; este feito ten consecuencias tanto económicas como médicas e de seguimento futuro da doenza. Neste número do Boletín repasamos os motivos polos que é tan importante a correcta determinación da continxencia, así como o procedemento administrativo a seguir en caso de desacordo coa continxencia determinada polo facultativo que expide o parte de baixa.

Neste Nº 27 do Boletín CIG Saúde Laboral, o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral publica un total de  cinco artigos encadrados nas súas seccións: Sabías que...? A fondo; Documento-Análise; Opinión e Información Técnica.

O artigo que abre este Boletín, publicado no apartado Sabías que...?,  fai referencia á gran importancia que ten unha correcta determinación da continxencia causante dun proceso de incapacidade temporal.

Asemade atoparemos o texto, publicado baixo o epígrafe de A Fondo, sobre "A Inspección de Traballo e as políticas "laborais" do Goberno do PP: unha ecuación sen solución". Como  Documento - Análise traballamos  "A promoción da saúde no traballo (PST). Rede europea de promoción da saúde no traballo (ENWHP)". En Opinión aparece o artigo "A última irresponsabilidade do Goberno do PP da Xunta de Galicia en políticas de prevención de riscos laborais: Orde 2018 pola que se estabelecen as bases de axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónima de Galicia no exercicio 2018". Para concluír, en Información Técnica "O que debes saber sobre a figura do recurso preventivo", que esperamos axude a esclarecer dúbidas sobre esta figura preventiva.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 27 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á imaxe deste artigo. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital. Se tes interese en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Ningún comentario:

Publicar un comentario