xoves, 5 de abril de 2018

Resumo da Comisión de Persoal do 28/03/18: máis prazos para incumprir

De novo, ao igual que na Comisión de Persoal do 28 de febreiro, volveron a falar de prazos que acabarán incumprindo outra vez, como xa ficaron incumpridos os que en febreiro falaban de que en marzo...


Antes de rematar o mes, houbo unha Comisión de Persoal onde se votaron varias cuestións, parte das cales quedaron tamén adiadas para unha vindeira comisión de persoal que terá lugar esta semana. Entre as cuestións que ficaron aprobadas figuran: a RPT de Facenda, a RPT de Sanidade, oposicións de persoal subalterno para persoas con discapacidade intelectual. Entre as cuestión que fican adiadas: o Concurso de traslados da lei 17, a RPT de Infraestruturas e da AXI e  a porposta sobre o persoal da AXI. 
 
En varios,  a CIG preguntou por temas de interese sobre: procesos selectivos varios, o atraso nas convocatorias dos concursos de traslados, a escasa información que está a trascender da aplicación na Xunta do acordo de estabilidade no emprego, a contratación de persoal orientador de emprego ou a apertura de rexistros os sábados, entre outras. Na maioría de casos, o director da Función Pública dá uns prazos que auguramos, polas experiencias pasadas, que acabará incumprindo.

A continuación expoñemos o sentido do voto de cada sindicato. A CSIF non asistiu. Todas as cuestións quedan aprobadas, indpendentemente do voto dos sindicatos, que é máis ben testemuñal, pois os votos da Administración suman maioría absoluta.

ACTAS ANTERIORES

Quedan adiadas para a vindeira comisión de persoal.

RPT FACENDA
CIG, CCOO: abstención. UGT: a favor.

RPT SANIDADE
CIG, CCOO, UGT: en contra.

CONCURSO DE TRASLADOS LEI 17
Queda adiado para unha vindeira CP.

RPT INFRAESTRUTURAS E AXI
Van remitir de novo a documentación. Queda adiado para a CP do 06/04/2018.

PROPOSTA SOBRE O PERSOAL DA AXI
Queda adiado para a CP do 06/04/2018.

OPOSICIÓNS PERSOAL SUBALTERNO DISCAPACIDADE INTELECTUAL
CIG: en contra. CCOO: abstención. UGT: a favor.

VARIOS
Proceso selectivo enxeñeiros técnicos industriais OEP-2014: [CIG]  sen constituír o tribunal. -> Resposta DXFP que o retraso foi debido a que teñen dificultades para constituir o tribunal, pero que contan con telo solucionado en abril.


Acordo de estabilidade no emprego: [CIG] Cando van negociar con todos os sindicatos?  -> DXFP: a sinatura do novo acordo en Madrid modifica o acordo previo, o que afecta aos buzóns de postos nos que están traballando e que enviarán neste mes aos sindicatos de cara a iniciar a negociación da OEP 2018.  Todo está afectado tamén polos orzamentos do Estado.

Concursos de traslados e previsións de negociación: [CIG] -> DXFP: di que para os concursos de traslados de persoal laboral proporán mudar o criterio de cambio de categoría para poder facelos antes da resolución dos procesos de estabilidade. Mandarán proposta concreta. Teñen intención de convocar unha xuntanza para a semana que vén para falar dos criterios xerais e dos concursos.

Acordo de axentes medioambientais: [CIG] -> DXFP: contan con convocar unha xuntanza na semana que vén.

Contratación de persoal orientador de emprego para o plan de garantía xuvenil: [CIG] Comentouse o que respostou o Ministerio de que os fondos deste plan para o 2018 íanse distribuir do xeito habitual e que era unha cuestión de cada comunidade autónoma. -> DXFP: non sabe, mirarano.

Apertura dos rexistros en sábado: [CIG] Preguntouse de novo que pensan facer-> DXFP: din que o volverán consultar, pero que a intención inicial é mantelos abertos non pola recollida de documentación senón para dar o servizo de información á cidadanía.

RPT de Consorcio: [CIG]  -> DXFP: non dan unhas datas concretas. Falan de abril-maio.

Kronos en Cultura: [CIG]  Lembrouse a solicitude de xuntanza que fixo o Intercentros para negociar a aplicación do Kronos-> Cultura: di que van agardar á resolución do conflito colectivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario