martes, 22 de maio de 2018

O comité denuncia a vulneración do dereito de folga do persoal de Xustiza

Mantén a convocatoria de paro porque o conflito non está pechado.


Ante o abandono do comité de folga por parte de SPJ-USO, UGT e CCOO, esta mañá reuníanse a CUT, STAJ e a CIG para analizar a actual situación e tomar unha decisión ao respecto.

Dado que é o comité de folga o único órgano que pode convocar ou desconvocar a folga; que ás organizacións sindicais que o seguen conformando non lles consta nin asinada, nin publicada ningunha proposta ou Acordo, e ante a negación que está facendo a Xunta de Galiza, non só dos traballadores e traballadoras, senón tamén da maioría sindical decidiron, por unanimidade:


 - Non desconvocar a folga, que continúa, porque o conflito non está pechado.

 - Presentar sendas queixas ante o Valedor do Pobo de Galiza e ante o Defensor del Pueblo, ao entender vulnerado o dereito de folga recollido no artigo 28 da Constitución. 

Os sindicatos integrantes deste comité están á espera da publicación da proposta presentada na mesa sectorial a fin de valorar as posíbeis accións legais en aras de impedir un peche en falso apoiado por unha minoría sindical do 44%.

Ningún comentario:

Publicar un comentario