venres, 29 de xuño de 2018

A CIG denuncia que as brigadas helitransportadas da Xunta non teñen helicóptero

Limítase así a capacidade operativa dos/as bombeiros/as forestais


A CIG vén de dirixirse á Dirección Xeral de Ordenación Forestal e mais á Subdirección Xeral de prevención e Defensa contra incendios forestais exixindo que as brigadas helitransportadas de Vilamaior, o Campiño e Marroxo, con persoal propio da Xunta de Galiza, teñan dunha vez helicóptero.


Lembra que xa nas últimas campañas denunciou que no período de precampaña –nos meses de primavera anteriores ao verán- ou xa entrado o verán, como neste caso, estas brigadas non contan con helicóptero malia estar conformadas por “bombeiros/as forestais cunha amplísima experiencia están sen helicóptero, mentres que nas bases con persoal privado si dispoñen de helicópteros”.

Denuncia que se limita, deste xeito, “debido á inoperancia da Xunta, a capacidade operativa das e dos bombeiros forestais helitransportados da Xunta de Galiza, nestas brigadas que son claves pola súa rapidez no primeiro ataque ao lume”.

Por iso reiteran a demanda de que se dote dos helicópteros correspondentes, en toda a temapada activa ás brigadas helitransportadas da Xunta de Galiza

Ningún comentario:

Publicar un comentario