xoves, 7 de xuño de 2018

A Xustiza europea aínda debe responder se o persoal interino ten a mesma indemnización que o temporal

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) vén de corrixir este martes a súa doutrina e avala a diferenza de indeminzación por despedimento entre o persoal fixo e o temporal. Porén, o alto tribunal aínda debe responder á diversas cuestións prexudiciais enviadas desde o Tribunal Supremo español sobre se o persoal interino debe ou non ter dereito de indeminización cando acaben os seus contratos, como o resto do persoal temporal.

Cambio de doutrina

Dúas sentenzas falladas este martes polo TXUE e responde así a dúas cuestións prexudiciais formuladas polos tribunais españois. Estas dúas forman parte dun lote dun total 13 cuestións que se presentaron ante este tribunal desde a famosa sentenza de Diego Porras. Mentres nese caso, o TXUE recoñecía a mesma indemnización ao persoal temporal, nestas novas sentenzas recoñece que non hai discriminación na diferenza de indemnización respecto ao persoal fixo.

Un destes casos vén precisamente do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) e trata dun contrato de relevo dunha xubilación parcial. O outro é un caso dunha interina unha residencia da terceira idade e foi formulada polo Xulgado do Social nº33 de Madrid. En ambos casos o TXUE sentenza que non se opón a que haxa indemnizacións diferentes.

Os argumentos do tribunal europeo que sustentan as distintas indemnizacións apuntan que, mentres que as partes nun contrato temporal coñecen a data ou o acontecemento que determinan a súa finalización, no caso do despedimento por causas obxectivas dun empregado fixo, este parte do empresario e son circunstancias que non estaban previstas con anterioridade polo traballador afectado. Ou sexa que existe unha "razón obxectiva" para a discriminación na indemnización por ano traballado (20 días no persoal fixo e 12 no temporal).

Análise xurídico

Cuestións pendentes

Son varias as preguntas que o pasado outubro enviou o Tribunal Supremo para ver se "os contratos interinos deben percibir algún tipo de indemnización no momento que se extinguen polo cumprimento do termo". O Estatuto dos Traballadores no seu artigo 49 recoñece unha indemnización de 12 días por ano traballado para o persoal termporal cando se extinguen os seus contratos, pero quedan excluídos dela o persoal interino e os casos de contratos formativos.

O TS enfoca a cuestión de se esta diferenza entre tipos de contratos temporais é contraria á cláusula 5 do Acordo Marco sobre o traballo de duración determinada, que tenta previr a utilización abusiva de contratos temporais. Como a cláusula antiabusos se refíre á "utilización sucesiva de contratos ou relacións laborais", o tribunal español pregunta se dentro do ámbito dese punto 5 enmárcase a medida de fixar a indemnización de 12 días por ano traballado cando termina o contrato temporal "aínda cando a contratación temporal se limitara a un único contrato"

A raíz desto, se a resposta anterior resulta positiva, o TS pregunta se ampara a cláusula antiabusos que a normativa española exclúa ao persoal do recoñecemento de 12 días de indemnización pola extinción dun contrato temporal?

Xa que logo, o TS tenta que o  TXUE se pronuncie sobre se existe dereito a indemnización para contratos, como o de interinidade, que non o teñen recollido na actual regulación española, e en caso afirmativo cal debe ser.

Así, as traballadoras e traballadores interinos aínda teñen opcións de que a xustiza europea lles recoñéza algunha indemnización pola finalización dos seus contratos, aínda que non sexan os 20 días por ano traballado que corresponde ao persoal fixo.

Denunciar

Para chegar a esto primeiro hai que denunciar. Podes denunciar ao finalizar a relación laboral de cara a loitar pola túa indemnmización pero tamén deberías ver de denunciar antes,  se te atopas nunha situación irregular, como por exemplo se ocupas con carácter temporal un posto estructural e acadar así a indefinición, que ten moitas máis protección xurídica, comezando polo dereito á indemnización por despedimento que chegaría aos 20 días.

Ningún comentario:

Publicar un comentario