Nesta época de pactos salariais por debaixo do IPC mais nos que se comeza a falar de homologacións salariais vai o Consello Consultivo de Galiza e chámanos para "negociar" a parte uns criterios de repartición do complemento de productividade para o seu persoal.
O caso é que este complemento non é novo, xa existía desde o 1997, suspendeuse no 2015 sen seguir o procedementos, negociais. Houbo un traballador que o levou a xustiza e obrigaron a pagarlla, por certo. A sentenza non ten desperdicio e prestade atención ao tremendo zasca que lle mete o xuíz ao propio órgano consultivo: "a conclusión non pode ser outra que a nulidade daquel acordo plenario e dos que o prorrogaron e confirmaron, por certo, torpes e inxustificados, ao adoptarse por un organismo precisamente creado para velar polo adecuado rigor no cumprimento das formalidades procedimentales que as normas esixen."
Na xuntanza mantida, o secretario do Consello informa que a proposta de modificación debese a que os criterios que se empregaron ata o 2015 (ano en que se deixou de pagar a produtividade) son dunha resolución do ano 1997. Explícasenos en que consisten estes novos criterios e ao acabar a intervención facilítasenos unha copia do explicado.
A CIG manifesta en primeiro lugar que unha mesa de negociación e para negociar cousas que as partes coñecen de antemán, e non para ir escoitar o relatorio neste caso do secretario. Polo que non entenderiamos que non houbera outra mesa e que se limitase a negociación a enviar por escrito as nosas alegacións á proposta do acordo.
Solicitamos que se nos remita a maior brevidade posible toda a documentación, así como tamén a sentencia gañada polo traballador que lle recoñece o dereito deste a cobrar a produtividade; así como calquera outra documentación que lle sexa remitida aos demais sindicatos.
Deixamos claro de forma meridiana que a CIG non esta a favor do pago de produtividade mentres non exista unha negociación coas centrais sindicais, para todo o persoal da Xunta e baixo directrices acordadas, medibles e transparentes, nas que non sexa unha persoa, senón un equipo avaliador (na que estea representada a parte social) quen valore o reparto do complemento de produtividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario