A CIG considera dunha total irresponsabilidade o que fan as autoridades autonómicas e estatais de mirar para outro lado no caso do radón como xa fixeran no pasado con outros asasinos silenciosos como o asbesto e irá a onde faga falta para que se cumpra a normativa europea.
Despois de máis de cinco anos denunciando que a Xunta de Galiza mida os niveis de Radón nos seus centros de traballo, sobre todo os que teñen persoal e usuarios en sotos ou en baixos, e se poñan as medidas correctoras oporturnas, a través do comité de Seguridade e Saude de Servizos Centrais, os delegados e delegadas de prevenzon se SSCC da CIG denunciaron ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social e tamén ante o ISSGA e os dous dannos respostas nulas, pasándose a pelota entre eles.
A Inspección respondeu pasando a pelota a outras Administracións, cando sabemos que como mínimo a integridade e a saúde laboral é un tema de dita Inspección de Traballo, polo que non nos parecía de recibo a resposta, así e todo un delegado de prevenzos da CIG denunciou este tema so organismo competente da Saude Laboral na Xunta de Galiza que é o Instituto de Seguridadade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA).
Este outro organismo di que lle parece moi importante, xa que hai estudios que acreditan que ata o 15% dos cancros de pulmon son debidos a este gas cancerixeno, pero como é un gas que non se ve a Xunta de Galicia quere solucionar o tema mirando para outro lado, co agravante de que din que non hai medidas oficiais. Esto é verdade a medias, que son as peores das mentiras, temos un mapa de Galiza coas medidas deste gas, onde se demostra que o concello de Santiago de Compostela está entre os concellos que máis niveis teñen de radón. Agora respóndenos o ISSGA, nun tono conciliador, pero botando tamen a pelota fora do seu tellado que xa sabiamos, que é o siguinte parágrafo: "Establece que a vixilancia e esixencia do cumprimento das disposicións relativas á exposición ao radón corresponden a Inspección de Traballo e Seguridade Social....", devolvéndolle a pelota á Inspección de Traballo, uns por outros e a casa sen varrer.
Dicir aquí que Directiva Europea 2013/59/EUROTAM é de obrigado cumprimento en tódolos Estados da Unión Europea e esta en vigor dende 2014 e cuxa transposición España aínda non a levou a cabo. Con todo, a propia norma establece que o pasado 6 de febreiro de 2018 como data límite para a súa incorporación á lexislación dos estados membros. Esta normativa reducirá ata os 300 BQ/m3 o nivel de referencia para a concentración de radón en espazos pechados nos lugares de traballo e obriga a realizar medicións naqueles espazos de traballo situados en sotos e plantas baixas localizados en zonas de elevadas concentración deste gas (e que deben ser delimitadas por un Plan estatal de acción para o radón que España aínda ten que aprobar).
Así pois, o Reino de España está a incumprir a normativa europea, polo menos no tocante a esta materia polo que parece que a única saida, ante a desidia das autoridades estatais e autonómicas, por desgraza para todos os traballadores e traballadoras, vai ser denunciar ao Reino de España ante a Comunidade Europea para que se cumpra a normativa nesta materia, cando terían que ser as autoridades do Reino de España quenes obrigaran a cumplilas, pero neste caso é ben certo o refran que dí "en casa de ferreiro, coitelo de pau".
Ningún comentario:
Publicar un comentario