Concursos de traslados
A gran novidade é que informa o director xeral que a convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais será en setembro (polo que supoñemos que en xullo retomaremos e remataremos a negociación), xunto co de persoal veterinarios, e de seguido (este ano) iría o resto da administración especial. A convocatoria de persoal laboral seguen adiándoo pendente do eterno cambio de categorías e segue sen pór data e mentres seguen acumulándose as adscricións temporais.
A semana que vén remitirán unha nova proposta de criterios xerais para os concursos (xa a ían remitir vai uns meses, ollo). Conterá unha disposición transitoria sobre a aplicación da caducidade da formación ata o 1 de xaneiro do 2020 (lembrar que partiamos dunha caducidade de dous anos e na última Función Pública xa aceptaba 10 anos). A CIG mantén a defensa de que non caduquen.
Consecuencia do concurso de corpos xerais teñen intención de prorrogarán as comisións de servizo que caduquen, aínda máis... A CIG manifesta que eso é fraudulento pois podemos falar de prorrogar as comisións durante un ano máis a maiores. O director confia en que a resolución do concurso sexa moito máis áxil, atrevéndose a poñer como datas de resolución finais do 2018 ou comezos do 2019... aínda se escoitan as gargalladas nos Ancares.
Concurso de traslados de escalas sanitarias (Lei 17)
Informa o DXFP que este concurso irá á Comisión de Persoal para a semana que ven.
CIG:
- Este concurso era un compromiso de decembro de 2013 cando eliminaron os laboratorios de saúde pública e comprometéranse a convocar concurso en seis meses. Vergoñento o retraso que levou, e denunciamos que xa produciu perxuizos económicos a alguna persoa.
- É un concurso incompleto, pois exclúe ás escalas de atención primaria e especializada. Resposta a consellería que este persoal é pouco, e que continuamente lles están a ofertar pasarse a estatutarios. Resposta a CIG que hai xente que non quere ser estatutarios, e se non os queren traballando nos hospitais, que modifiquen a RPT para permitir que cambien de posto a outros co mesmo requisito de titulación.
- O máximo de puntuación por antigüidade obtense con 40 anos de servizos. Con este límite van quedar puntos de antigüidade sen consumir. Solicitamos incrementar o máximo de puntuación por ano. Que este baremo sexa calculado por meses.
- Grao: as diferenzas de grao están moi desequilibradas. Incrementar a puntuación mínima e diminuir os incrementos.
- Traballo desenvolvido: tamén está demasiado desequilibrante, primando en exceso os postos de nivel superior. Propomos pasar dos 0,40-0,30-0,20 a 0,25-0,20-0,15.
- Non conformes con que retiren da fase de resultas os postos que consideren.
- Retiran moitas prazas por estar ocupadas por “interino/a anterior a"
RPT de Economía, Emprego e Industria
Expón o representante da consellería que a proposta de modificación consiste en:
- Amortizar cinco postos de traballo xa previstos na proposta de modificación anterior e que por erro quedaron sen executar.
- Aplicar os complementos e observacións consecuencia das novas condicións de traballo pactadas para os inspectores de formación.
A CIG critica que a documentación que nos entregaran días
antes resultaba moi confusa pois misturaron documentación nova con
antiga.
RPT de AMTEGA
Inesperadamente, porque estaba fora da orde do día, aparece o Xerente de AMTEGA e, conxuntamente co director xeral da Función Pública cóntanos que van enviarnos unha modificación da súa RPT consistente en:
- Adaptar a RPT ás áreas funcionais e ás titulacións da LEPG.
- Abrir unha xefatura de departamento a Admón. de Xustiza e outra a docente.
- Crear 3 seccións, das que duas serían a prover mediante LD.
- Amortizar 4 postos (2 laborais vacantes por xubilación, 1 operador, 1 sección vacante).
A CIG denuncia que a inclusión deste asunto pola porta de atrás non é serio. Nun rápido vistado sobre a marcha observamos que a proposta que traen é moi similar a unha anterior de abril e á que os catro sindicatos nos negamos a asistir advertíndolle que non nos sentariamos con AMTEGA ata que solucionasen a homologación do persoal laboral informático que está pendente dende fai anos. E tratándose dunha proposta similar, non vemos razóns para non mudar o noso criterio.
RPT do Mar
Hai unha proposta xa avanzada á que faltaba a parte das escolas náutico-pesqueiras. Van enviar unha proposta de toda a consellería. Haberá unha xuntanza o martes 26 (enviarán convocatoria), e irá á seguinte Mesa Xeral.
Ola, o mesmo decia este director xeral de funcion publica na resolución do concurso xeral anterior, e durou xustamente un ano e cinco meses¡¡¡, recor dende que o concurse se fai a traves de medios informaticos, e o que ven máis do mesmo igual se volve a batir outro recor...todo se andará.
ResponderEliminar