Dende hai uns días xa están nos
taboleiros de anuncios os censos provisionais do persoal funcionario que
poderá exercer o dereito ao voto nas vindeiras eleccións do 11 de abril.
Facemos un chamamento a que revises os
teus datos e xa adiantar que hai problemas cos departamentos que van
votar na mesa itinerante (mal recollido por exemplo o persoal de
Cultura do Gaias).
Podes enviarnos as túas alegacións tanto
fisicamente ao local sindical como ao enderezo cig.sscc@gmail.com ou dilixencialas persoalmente ante a Dirección Xeral de Función Pública. Tes de prazo até o 28 de febreiro.
A nivel provisional temos esta organización de mesas:
MESA 1 (SAN CAETANO) | Consellerías de Presidencia e Vicepresidencia; DX de Exteriores; DX de relacións institucionais e Emigración. |
MESA 2 (SAN CAETANO) | Consellería de Facenda e ATRIGA |
MESA 3 (SAN CAETANO) | Consellería de Infraestruturas; Consellería de Economía, Augas, AXI , GAIN, Consello galego de RRLL |
MESA 4 (SAN CAETANO) | Consellerías de Cultura, Educación (menos o Gaias) |
MESA 5 (SAN CAETANO) | Consellerías de Medio Rural e Mar nos seus SSCC; AGACAL, Gardacostas. |
MESA 6 (SAN CAETANO) | Conselleria de Política Social |
MESA 7 (SAN LÁZARO) | Consellería de Sanidade; IGE; ISSGA, e a DX de Acuicultura (Mar) |
MESA 8 (SAN LÁZARO) | Emprego, Igualdade, Xurado de expropiación, Consellería de Medio Ambiente; Xuventude, XERA, Montes. |
MESA 9 (FONTIÑAS) | EGAP, Deporte, Xustiza, Adm. Local, DX Emerxencias, IGG (Consumo), IGVS, Tribunal Admtvo. de contratación, e as dependencias de Área Central (MR-Industrias e calidade alimentaria e Mobilidade-Inspección do transporte. |
MESA 10 (ITINERANTE) | Academia Galega de seguridade (A Estrada)- AGATUR (A Barcia)- Cultura e Amtega (Cidade da Cultura) e MR-FOGGA, Mar-Desenvolvemento Pesqueiro e APLU (Salgueiriños). Tamén aquí se incluirá todo o persoal destes departamentos que traballen efectivamente no edificio de San Caetano. |
Tamén a Administración aceptou un bus
lanzadeira que percorrerá as zonas do centro: Sar, zona histórica, Conxo
para traer ao persoal a votar ás mesas correspondentes de San Caetano.
Xa informaremos con máis detalle.
Ningún comentario:
Publicar un comentario