Recentemente publicáronse varias resolucións no DOG que afectan ao funcionamento das listas de subsitución, en concreto a do Servizo de Gardacostas pero tamén a actaulización provisional de méritos e a a apertura e peche de varias listas.
No DOG do mércores 27 de febreiro publicouse a Resolución
pola que se acorda o peche e a apertura de novas listas para a
incorporación de solicitudes para o nomeamento de persoal funcionario
interino do corpo de axudantes de carácter facultativo de
Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma
de Galicia, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia e
escala operativa do servizo de Gardacostas de Galicia, especialidades
de patrón e mecánico (Subgrupo C1).
A presentación de solicitude de
incorporación nas novas listas é obrigatoria para todos os
actuáis integrantes das listas de axentes do Servizo de Gardacostas de
Galicia que se pechan. O prazo para a presentación de instancias comeza o
día 1 de marzo e rematará o 31 de marzo de 2019, de acordó co
establecido no artigo 6.1 do Decreto 37/2006.
As persoas que formularon solicitude de
inclusión na escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, do 1
de marzo oa 15 de xullo de 2018, poderán solicitar a devolución
do importe aboado en concepto de taxas por dereito de inscrición no
prazo de 4 meses desde a publicación desta resolución no DOG. Para a
devolución será necesaria a presentación dun escrito no que a persoa
interesada faga constar o nome e apelidos, NIF, número de conta
bancaria, localidade e copia cotexada do modelo de autoliquidación de
taxas.
No DOG do xoves 28 de febrero de 2019, publicáronse as seguintes Resolucións:
- Actualización provisional de méritos: Resolución pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2018 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia. As puntuacións poden consultarse no web da Xunta. Hai 10 días hábiles a partir do día 1 de marzo, seguinte ao da publicación no DOG, para presentar reclamacións. Consultar DOG.
- Apertura e peche de listas: Resolución pola que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas ou especialidades. Consultar DOG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario