Nestes días estamos "negociando" coa Administración o Decreto que vai regular a mobilidade do persoal da Xunta de Galicia e dos entes instrumentais. De feito, o mércores 6 d marzo, levarase a unha Comisión de Persoal onde será aprobada pola maioría dos votos da Administración. Trátase dun decreto marco que dá as pinceladas básicas para os concursos, e que terán unha concreción maior nas convocatorias propias.
Aquí dexiamos un resumo e a ligazón á última versión do documento.
- CONCURSOS: Trata de alixeirar a carga de baremación; dividida en méritos necesarios (antigüidade, galego, traballo desenvolvido) e méritos optativos (carreira profesional, formación, titulación, reunificación familiar). A esixencia que fixemos da convocatoria regular queda nun pequeno brinde posibilista "procedementos abertos e permanentes" pero sen datas concretas. Seguen permitindo renunciar antes da toma de posesión se consigues outro posto (apalancamento coas LD). As resolucións "deberán facerse no prazo de 6 meses", nada de obligacións. Tal como está a cousa hoxe en día case sona a cachondeo (anos de espera en todos os corpos).
- CONCURSO ESPECÍFICO (CE): Nova modalidade e verdadeiro motivo deste Decreto; regula a provisión dos postos CE nas RPT, que son basicamente os de xefatura de servizo, direccións de centros externos e habilitacións. Consta dunha baremación de méritos (mínimo 55%) e baremación o de capacidades a través de probas, test, memorias ou entrevistas. As OOSS non están presentes na Comisión de valoración. Cada cinco anos voltarase a valorar ao persoal para poder continuar ou cesar.
- LIBRE DESIGNACIÓN: Reservada para os postos de Subdirección e superiores. Aclaran que fan facer fincapé de que os nomeamentos previos en Comisión de servizos para prazas en LD non superen a marxe legal de 6 meses (cousa que incumpren con regularidade).
- COMISIÓN DE SERVIZOS: É neste eido onde se ve a verdadeira vocaciónda Administración (que o importante non cambie). Non se toca en absoluto,seguiremos tendo comisións eternas, pois valida a posibilidade de superar os dous anos en varios casos e amáis non garante para nada a concesión pública, baremada e transparente.
- PERMUTAS: Regulaas pero só entre persoal funcionario de carreira, non queren saber nada das permutas entre persoal interino como fai Ensino.
- OUTROS: Regula tamén a adscrición provisional noutras AAPP, por motivos de saúde, traslados por violencia de xénero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario