O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza admite a trámite o recurso contencioso-administrativo presentado pola CIG contra a Orde do Acordo de Concertación do Emprego Público de Galiza pactado pola Consellería de Facenda e os sindicatos CCOO e UGT.
Desta forma da comezo a loita xudicial
da CIG para a salvagarda dos dereitos do persoal e así dar solución das
inxustizas deste mal Acordo que non recupera os dereitos laborais e
económicos perdidos na última década e establece discriminacións entre o
persoal empregado público.
Nesta demanda a CIG fixa os seguintes obxectivos:
CARREIRA PROFESIONAL
- Ampliación do seu ámbito de aplicación: universalizala para todo o persoal empregado público sen chantaxes nin subterfuxios.
- Acceso ao sistema extraordinario a todo o persoal e sen condicionados.
- Revisión das contías dos graos aumentando os importes dos máis baixos co fin de minguar a brecha salarial.
- Solucionar a falta de garantía orzamentaria, buscando a consolidación salarial ao longo do tempo.
FUNCIONARIZACIÓN DO PERSOAL LABORAL FIXO
Non se garante un acordo xeral de condicións de traballo que recolla os dereitos laborais e salariais actuais, especificamente:
- Non hai concurso de traslados nin promoción interna previas aos procesos de funcionarización.
- Os dereitos laborais do V Convenio non se trasladan para o persoal funcionario, incluídos os dereitos de xubilación.
- Os dereitos salariais como os pluses, que din recoller nun chamado complemento persoal de funcionarización, pérdense ao concursar e non se trata un Acordo salarial global para todo o persoal (trienios, niveis e complementos).
- Non se garante concursos de traslados futuros ao persoal que non se funcionarice.
COMISIÓN DE SEGUIMENTO
O Acordo de concertación establece
poderes de negociación colectiva á Comisión de Seguimento. Cun absoluto
desprezo antes da súa publicación xa estaba funcionando como mesa
negociadora. Deste xeito retiráronse e modificaron moitas cuestións
substanciais do propio texto do Acordo de concertación como a obriga da
Dirección Xeral de Función Pública de instar para que o persoal
funcionario teña dereito a xubilación parcial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario