Un total de 5.788 resolucións de comisións de servizo "extraordinarias" na Xunta desde o último concurso
O último gran concurso de traslados na Xunta convocouse o 20 de maio de 2015 e abriuse o prazo de toma de posesión o 27 de setembro de 2016. Esa era a convocatoria para o persoal de corpos xerais; o máis abundante na Xunta das algo máis de 8.000 funcionarias e funcionarios da Administración xeral.
Peor o teñen o persoal laboral ou o resto de persoal funcionario de corpos especiais ou escalas, onde temos as últimas convocatorias dende o ano 2012 para atrás. Igual que no caso anterior, dende a convocatoria até a efectiva toma de posesión pasa ao redor de un ano e medio; algo xa de por si inadmisíbel nunha administración moderna do século XXI.

Dende a última convocatoria do concurso de corpos xerais houbo moitos borradores e alegacións pero nunca se chegou a materializar en nada desde que tiveron lugar as primeiras reunións en xuño de 2017. O que si se concretou nese tempo foron 2.554 resolucións de comisións de servizo e 3.234 resolucións de prórrogas. As comisións de servizo son o sistema de cobertura que a lei recoñece como “extraordinario” para atender as necesidades de persoal entre os concursos que son os sistemas “ordinarios” de provisión. En total 5.788 resolucións “extraordinarias” por 0 concursos. Así pois, na Xunta o sistema ordinario resulta ser as comisións de servizo.
As altas cifras de cobertura “excepcional” demostran a necesidade dun concurso de traslados pero se non se convocan concursos é porque politicamente non interesa. E non interesa porque as comisións de servizos son discrecionais, a dedo, mentres que nos concursos os postos asígnanse por méritos obxectivos.
A situación dos concursos de traslados na Xunta de Galiza, en xeral, é moi grave e resulta dobremente prexudicial: non só a Xunta está furtando sine die os nosos dereitos de promoción profesional, mobilidade e conciliación familiar; estamos falar tamén dunha xestión de recursos humanos públicos ineficiente que se controla baixo intereses que nada teñen que ver coa cobertura dos postos públicos consonte á lei.

Ante as escusas da Administración das continuas modificacións das estruturas e normativa para imposibilitar a súa convocatoria regular, compre mirar para a Administración Xeral do Estado, que a pesar dos cambios de ministerios e relacións de postos de traballos, e da complexidade maior polos efectivos afectados, convoca concursos de traslados de xeito regular, case anualmente.
Nós propoñemos un concurso permanente e aberto para todas as traballadoras e traballadores públicos da Xunta por dous motivos: 1) garante a cobertura máis inmediata e baixo demanda de postos públicos por criterios obxectivos e 2) non se producen desequilibrios organizativos na Administración autonómica ao andar saltando de posto a posto ao mesmo tempo centos de persoas. E en concreto, para o persoal laboral seguimos demandando, canto menos, un concurso previo a calquera proceso de funcionarización.
Que haxa concursos de traslados non só é bo para a gran maioría de traballadoras e traballadores públicos que verían respectados os seus dereitos de carreira, conciliación e mobilidade, senón tamén para a cidadanía que recibiría un servizo máis profesional e independente. Non entendemos que a Xunta poña por diante os seus intereses de seguir controlando discrecionalmente a cobertura dos postos de concurso por diante, xa non dos nosos dereitos, senón do bo funcionamento da Administración e das garantías de servizo público.
Dende a CIG, instamos ao Presidente da Xunta á posta en marcha do concurso permanente e á convocatoria inmediata dos concursos secuestrados e así llo diremos a través das mobilizacións que resulten necesarias e a través das accións xudiciais dispoñíbeis. Así pois, facemos tamén un chamamento ao conxunto das traballadoras e traballadores públicos a apoiar as mobilizacións que se convoquen neste sentido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario