O concurso botándose a zarpar. ¿Cando atracará? |
Por fin, despois de máis
dun ano da primeira reunión sobre o baremo, parece que a cousa se
move. Queda xa no recordo lonxano as negociacións do decreto de
provisión de postos, ou mesmo as promesas e promesas de unha
convocatoria inminente.
A ver que sae deste crono-concurso-grama,
pero recordamos as miles de comisións de servizo que agora mesmo
temos na adminsitración autonómica e as denuncias públicas da CIG ao respecto. Todo o persoal funcionario temos dereito a unha mobilidade con certeza no tempo e xusta na
baremación.
Estaremos atentos, a ver ata
onde chega a nave...... que non sexa outra Barreirada que comeza e nunca remata.
Ningún comentario:
Publicar un comentario