venres, 28 de xuño de 2024

A CIG aposta por tribunais de selección democráticos e non dactilares

 

Dende o primeiro momento da súa creación a Xunta de Galiza impuxo o sistema de que os tribunais se decidían dende arriba, e por moito que se criticou o sistema por sindicatos e persoal opositor, nunca se puido eliminar este proceder.

E se hai vontade política pódese facer, e seguramente funcione moito mellor que as persoas designadas a dedo dende a Dirección Xeral de Emprego Publico e Administración de Persoal, si se mudan por persoal voluntario.

De feito a Academia Galega de Seguridade Publica xa está a facer algo parecido, elaborando unha listaxe de persoas funcionarias voluntarias aspirantes a ser propostas como membros dos tribunais. Véxase na recente resolución publicada no DOG do 26/06/2024 pola que se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas para a formación das listaxes de persoal funcionario aspirante a ser proposto como membros voluntarios dos tribunais.

Dende a CIG, sempre apostamos por ter unhas listaxes con persoal funcionario voluntario que se prestase a colaborar en diversos aspectos  da  selección de persoal, como son os  exames de  oposicións,  probas selectivas das consellerías, os exames Celga ou tribunais de oposicións, mesmo este sindicato cando no seu tempo elexía membros para os tribunais sempre o facía por sorteo ou voluntarismo.

Pensamos que este pode ser un método mellor, tanto pola eficacia como polo interese e independencia da persoa voluntaria que se presenta a facer o servizo. Agora mesmo moitos membros acuden aos tribunais semi obrigados ao estar maioritariamente nun posto de libre designación polo que case nunca se poden negar a facer estas funcións, e moitas veces están desbordados co seu traballo habitual e coas súas funcións particulares....de feito temos moitos exemplos recentes de tribunais que van a rastro nos tempos.

Por eso dende a CIG manifestamos que se pode mellorar o sistema de tribunais e demais colaboracións coa Administración,  facendo listaxes de persoal voluntario e rotatorio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario