Durante a semana pasada foi imposible acceder á moitos procesos selectivos da páxina de Función Pública.
Publicáronse varias resolucións e baremos provisionais e iso implica a existencia duns prazos que hai que respectar e polo tanto, para dar garantía plena aos interesados, deberíanse poder consultar durante todo o período de alegacións eses baremos. Incluso se poderían publicar con anterioridade pois nada o impide.
O día 04/10/2024 publícanse no DOG unhas resolucións relativas á baremación provisional de varios procesos selectivos de concurso da agrupación profesional de persoal funcionario e de varias categorías do grupo V que afecta a miles de persoas, pois son procesos masivos, e a páxina da un erro:
Error 500--Internal Server Error
Dende a CIG foi imposible contactar telefónicamente coa DXEP polo que nos puxémos en contacto a través de correo electrónico para que trate de solucionar este problema e habilite unha solución para canto antes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario