xoves, 17 de outubro de 2024

Informacións das mesas xerais: carreira profesional, lactación, Illas Atlánticas, trienios, etc.


MODIFICACIÓNS DO DECRETO 151/2022 DE MOBILIDADE DO PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA

A maiores da aberración na que finalmente deron marcha atrás en relación á medida a prol dos homes, manteñen estas outras outras:

1. Modifican o artigo 15.2 para que as persoas das comisións de valoración dos concursos ordinarios non teñan que pertencer ao corpo ou escala do concurso de que se trate senón simplemente a un grupo de titulación igual ou superior ao esixido nos postos convocados. Isto débese a que en escalas con pouco persoal e onde pode concursar un grande número de efectivos pode haber problemas para constituír as comisións.

2. Outra modificación é a dos puntos 3 e 4 do artigo 38 relativa á obriga das persoas a dispor ou adscritos provisionalmente de solicitar determinados postos nos concursos ordinarios, onde suprimen a opción de facelo a unha das grandes cidades, por a elección da localidade do posto ao que estea adscrito provisionalmente a persoa funcionaria. Argumentan que ás veces é difícil en determinadas escalas dar postos definitivos nalgunhas localidades.

Neste punto observamos aspectos positivos pero tamén o perigo de que se poida utilizar, en prexuízo das demais persoas concursante, ao poder adscribir a unha persoa á localidade onde pretenda concursar.

Evidentemente opoñémonos a que unha modificación deste calado se leve a cabo querendo despachar este asunto enviando a documentación horas antes para que non poidamos estudala.

ROLDA ABERTA DE INTERVENCIÓNS

Preguntamos, entre outras, polas seguintes cuestións:

Permiso de lactación: facemos constar que nas anteriores Lei de Medidas cambiaron o permiso de lactancia. E non nos decatamos. Agora xa non se pode coller a lactación mixta, hai que optar por acumulada ou redución diaria. E tamén mudaron o momento do desfrute. Se se colle acumulada hai que collela pegada ao permiso de maternidade. Dous cambios: dous goles que nos marcaron.

Acordo do persoal das illas atlánticas: preguntamos en xullo e a DX contestou que estaban mirando “unhas cousiñas”. Agora nos di que se impulsará pero que o están revisando en Facenda.

Contía dos trienios do persoal temporal que aproba procesos selectivos: facémoslle constar as recentes sentenzas do Tribunal Supremo que confirman que os trienios perfeccionados como persoal laboral se deben de retribuir na mesma contía ao adquirir a condición de funcionario, sexa de carreira ou interino. Esiximos que non poñan atrancos e cumpran as sentenzas.

E aproveitamos para lembrarlles que moitas administración establecen complementos de antigüidade para unificar e homologar trienios de todo o persoal, e que deberíamos sentarnos a falar disto.

Lei de medidas do 2012: esiximos que cese a suspensión dos dereitos suspendidos por esa lei, como son a dos conceptos do Fondo de Acción Social, e a do artigo 19 o Convenio. 

OUTRAS INFORMACIÓNS

• Anuncian que non lles vai quedar máis remedio que dar destino provisional ás persoas que aproben os procesos da lei 20/2021 porque non se van poder finalizar antes os concursos de traslados. E que para as tomas de posesión provisionais analizarán caso por caso os postos a ofertar.
• Se negociará o grao III da carreira profesional neste trimestre para que teña efectos do 2025.
• Revisarán o que esta a acontecer coa valoración dos fixos-desxontínuos nos procesos da lei 20/2021, despois de que llo solicitáramos dende a CIG.

Ningún comentario:

Publicar un comentario