A maioría de concentracións convocadas terán lugar este sábado
A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego en repulsa ao asasinato machista dunha muller en Vigo, a segunda galega asasinada en tan só unha semana, a sexta asasinada a mans da súa parella ou exparella, e a novena vítima do machismo en Galiza, dado que nin a parella da muller asasinada en Arbo nin o dobre crime das meniñas de Moraña contabilizan nas estatísticas oficiais.
Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este feminicidio. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.
CONCENTRACIÓNS:

- Venres 30 de outubro: en Lugo, na Praza do Concello, ás 20 horas
- Sábado 31 de outubro, ás 20 horas:
- A Coruña, Obelisco
- Compostela, Praza 8 de marzo /Porta do Camiño
- Ferrol, Praza do Concello
- Ourense, Castañeira (Subdelegación do Goberno)
- Pontevedra, diante da Audiencia Provincial, R/ Rosalía de Castro
Ningún comentario:
Publicar un comentario