mércores, 28 de outubro de 2015

Promoción interna Xunta: 2015 persoas competirán por un máximo de 320 prazas

Non era sen tempo, aparecen ao fin no DOG do 28 de outubro as 4 resolucións polas que se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nos procesos selectivos de promoción interna de persoal funcionario de corpos xerais.

Estas prazas convocadas en xuño deste ano arrastran unha demora máis que evidente por mór da acumulación das ofertas de emprego público de 2009, 2011 e 2012. Tralo atraso na covocatoria saltou a polémica polo cambio de modelo respecto das últimas convocatorias sen xustificación razonable algunha.

Cuestións que fican no aire son: a interpretación que vai dar Función Pública ás novas lei de procedemento e réxime xurídico con razón ao temario das convocatorias e se respectarán as previsións de marzo-abril para o primeiro exame.

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas

Son tan só un total de 24 as persoas excluídas respecto ás 2015 admitidas, polo que cabe entender que as listaxes definitivas non han tardar moito en saír. Todo isto sen prexuízo do número descoñecido de persoas que non figuren en nigunha listaxe e tamén reclamen.

As listaxes de aspirantes admitidos/as pódense consultar na seguinte páxina web da Función Pública da Xunta de Galiza. As de persoas excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figuran como anexo a cada resolución

As persoas excluídas, así como aqueles que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das resolucións no DOG, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

Número de prazas ofertadas e aspirantes por cada grupo

Número de persoas admitidas (Adm.), excluídas (Exc.) e prazas ofertadas: promoción interna persoal funcionario corpos xerais 2015. En paréntese aparece o  número de prazas da cota para persoas con discapacidades (bases I.1.2)

Son un total de 2015 persoas aspirantes para un máximo de 320 prazas se ben a maior competencia estará nos grupos intermedios de promoción ao C1 e A2 con ratios de 14 e 11 aspirantes por cada praza, respectivamente. No caso do A1 e C2 os ratios son moitísimo menores con ao redor de 2 aspirantes por cada praza. Cando falamos de "máximo" nos referimos ao feito, pouco usual pero que na Xunta ten sucedido en varias ocasións, de non cubrir todas as prazas que se ofertan.

Estes procesos, moi agardados polo persoal funcionario da Xunta, contán con prazas que veñen ofertadas desde o 2009. Recordamos que o número total de prazas ofertadas responde á acumulación das Ofertas de Emprego Público (OEP) de 2009, 2012 e 2011 (para A1 e C2) segundo o seguinte cadro.


Esta acumulación (froito da non convocatoria) foi argumentado en base aos anos de restricción no gasto público. Porén, a pesar da restrición no gasto de persoal, na Xunta seguiron a convocarse prazas da oferta de emprego público por libre, sen ir máis lonxe, as prazas da OEP 2009 tamén de persoal funcionario de corpos xerais.

Por outra banda, na Administración xeral do Estado seguiron convocando e ofertando anualmente prazas de promoción interna durante todos estes anos (2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015); o que se viu resentida foi a convocatoria de acceso libre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario