O DOG de 22 de decembro publica o anuncio de licitación (benditos contratos con publicidade!) para contratar un servizo de avaliación da eficacia das campañas institucionais. O orzamento de licitación, IVE engadido, é de 71.900,00 €. A ver quen ten a sorte que lle toca esta lotaría.
Non semella moito, aínda que se podían comprar unhas cantas vacinas do menigococo B ou tratamentos médicos para a hepatite C. En realidade é un escándalo como sempre foron un escándalo e moi criticadas polo seu elevado custo e baixa eficacia esas marabillosas campañas institucionais na Xunta que "nos animan" a emprender, a ter descendencia, a ir vivir ao rural, a consumir medicamentos xenéricos, etc. Na seguinte ligazón podedes atopar unha escolma.
Quizáis por eso veñan agora con este contrato para ver a eficacia de tantos millóns en gasto publicitario que marcharon polo retrete. Para cando unha regulamentación seria dos cartos malgastados en publicidade institucional? É necesario ver tanto logo da Xunta en tantos valos, páxinas de prensa e páxinas web?
A poucas persoas se lle escapa que non son máis que tácticas de marketing para vender un producto, sendo en último término o producto o partido político que hai ao mando da Administración. Pero a cantas non se lle escapa o seu verdadeiro custo? Ao final, o importante xa non é o que fagan, canto fagan, os resultados que obteñan, senón vender que fan, que van facer, que se preocupan por.
Se a estas campañas institucionais, lle sumades os contratos de inserción nos medios de comunicación, convenios ou subvencións é moita a pasta que por aquí escapa e que axuda despois a que non vexamos determinadas cousas publicadas por aquí e acolá. E todo isto é sangrante porque aquí van cartos públicos, os nosos cartos, os cartos de todas e todos, os servizos públicos de todas e todos, e moi particularmente, dadas as datas, os nosos complementos específicos nas pagas extras, por exemplo.
Fálase en:
http://praza.gal/politica/10870/a-xunta-contrata-enquisas-sobre-a-eficacia-da-sua-publicidade-para-o-ano-electoral/
Fálase en:
http://praza.gal/politica/10870/a-xunta-contrata-enquisas-sobre-a-eficacia-da-sua-publicidade-para-o-ano-electoral/
Ningún comentario:
Publicar un comentario