"Menos discursos e máis concursos" foi un dos lemas estrela das concentracións de San Caetano |
Estes días, entre reunión informal co director de Función Pública e Mesa Xeral, ofrecéronse algunhas pinceladas deses asuntos que van máis lentos que o cabalo do malo.
Atención especial merecen os concursos de traslados porque estaba previstos de xeito permanente no V Convenio Colectivo, estaba prometido ao inicio do novo goberno no 2009 (tamén para persoal funcionario) e mesmo no último debate do estado da autonomía o conselleiro de Facenda avanzaba para o 2016 "concursos máis áxiles, sinxelos e con maior periodicidade". Só temos promesas que non valen nada e un uso político do noso dereito de mobilidade e hoxe en día única forma de facer carreira profesional por méritos propios. Baste recordar a última nota de prensa sacada pola Xunta por mór da publicación da lista provisional de persoas admitidas e excluídas. Moi triste...
A continuación un resumo con información varia sobre Función Pública cunha liña común: todas aquelas cousas que lle poden sacar partido político pois se moven aos ditados da súa política; o que lles interesa mover pois o moven rápido, o que non lles interesa pois van dando largas e onde dicían o mes que vén, logo é o seguinte e onde dicían 2015 convértese en 2016.
Concursos de traslados
Concursos de traslados
Unha desas cuestións que estiran como o chicle e onde máis cachondeo temos. Din que están traballando nos aspectos técnicos do concurso permanente, escusa que xa levan empregando desde o ano pasado. A promesa incial do concurso permanente data da chegada ao poder do PP no 2009, inspirada tamén no que recolle o convenio colectivo, que non é promesa senón norma. Recupera a promesa o actual conselleiro en outubro. Hai verdadeira intención de facer un concurso permanente?
Concurso xeral: o único en firme é que a mediados de decembro publicarán a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas (e a ver...). Se se lle pregunta para cando as puntuacións provisionais, así xa non dan unha estimación nin de coña. Iso si, o que si teñen claro é que van quitar aínda algunha praza máis por "vindeira amortización" que no DOG publican como "circunstancias sobrevidas"; tamén hai retiradas por execucións de sentenza ou "erros" Como sigan tardando tanto en resolvelo, aínda van volver con outra vaga de amortizacións e retirada de máis postos. Viva a inseguridade xurídica de non saber se ao que estás concursando existirá ou non dentro duns meses. Aquí resolución DOG
Recordades cando se convocou o concurso e decía o director de que "ían intentar resolvelo antes de final de ano"??? (igual se refería xa a final do 2016)
Concurso especial: Función Pública segue sen dar datas de convocatoria, que ao mellor para o ano que vén, en función de como vaia o tema de adaptación das titulacións e as escalas coa publicación da lei de emprego público. A este ritmo, porque non facer o concurso coas vellas escalas e logo xa facer a adaptación? Co concurso non cambian os postos, cambia a xente de posto. Non poden ter secuestrado "sine die" o noso dereito á mobilidade profesional.
Concurso de persoal laboral: Tampouco dan datas e desta volta a escusa é que teñen no caixón unha reclasificación das categorías laborais; desto parece que "antes do 23 de decembro" mandarán a proposta completa e logo alegacións.... Como no caso anterior, e visto que tampouco ten moito interese dado a rapidez da reclasificación, que saquen o concurso xa e logo fagan a adaptación. Non poden ter secuestrado "sine die" o noso dereito á mobilidade profesional..
Outros: do de informática lanzan a pelota ao tellado da AMTEGA; o de estatística foi xa a Mesa Xeral; o de persoal veterinario que para comezos do 2016 mandarán o borrador das bases; o de axentes medioambientais (C1) "poderían sacalo no 2016".
Procesos selectivos
Outra cuestión que estiran como o chicle e da que non se cortan en sacar rédito eleitoral, sobre todo se falamos das convocatorias máis grandes en número como poden ser as recentes de corpos xerais (libre e promo interna). Aquí a única novidade é en acceso libre; onde dicían novembro (antes dixeron outubro) agora din decembro e ollo que falamos só da publicación provisional da listaxe de persoas admitidas e excluídas.
Por suposto, nada dos temarios da EGAP, nada de perfilar mellor os prazos das probas que "non antes do 1 de abril", nada da publicación dos tribunais...
Nos de persoal veterinario está previsto para primerio cuadrimestre do ano que vén; bases xa aprobadas en Mesa Xeral. No de persoal de gardacostas está paralizado por un problema coas titulacións requiridas; previsión de convocatoria para o primeiro trimestre do 2016...
Outros
Novas Instrucións de permisos, vacacións e licenzas: amplian o prazo de alegacións ata o 4 de decembro pero din que en decembro o queren ter finiquitado para que entre en vigor o 1 de xaneiro do 2016.
Decreto de listas: "ao longo do mes de decembro" convocarán para celebrar unha reunión e estudar as alegacións presentadas e ampliar algunhas cuestións novas pero nada dun novo Decreto e por suposto, nada de utilizar o propio decreto, vamos, nada de retirar as restricións aos chamamentos temporais, nin sequera para maternidades/paternidades. Outro tema que ía ser este ano e xa, con sorte, teremos decreto modificado e adaptado aos tempos para o ano que vén.
Orientadores/as laborais para oficinas de emprego: onde ían comezar os chamamentos en novembro, ao final din que a partir do 1 de decembro (A Coruña: 21, Ourense: 12, Lugo: 13, Pontevedra: 24). Recordamos que os chamamentos fannos pola listas do A2 con requisitos específicos de titulacións de Graduado Social, Traballo Social e Educación Social. Esto anunciárono a principios de ano coa OPE, pero está claro que as persoas desempregadas poden agardar...
OPE 2016: anuncian unhas 200 prazas en Administración xeral fronte ás 373 do 2015 (265 acceso libre; 108 promoción interna).

Ningún comentario:
Publicar un comentario