venres, 4 de decembro de 2015

Todo o que debes saber sobre a nova regulamentación da Seguridade Social sobre as incapacidades temporais

Entre moita polémica polo poder que se lle da ás mútuas con relación á alta en enfermidades comúns, publicouse en 2014 a nova "Lei de mútuas" e o RD 625/2014 de xestión de incapacidades. Estas normas xa avanzaban os cambios dos que hoxe en día falan os medios de comunicación e que xa faloron precisamente o ano pasado cando se publicaron.

En xuño de 2015 chegou a Orde ESS/1187/2015 de desenvolvemento se ben ata o 1 de decembro non entrou en vigor. Precisamente, a raíz desta entrada en vigor, volven a facerse eco os medios de cousas que xa se coñecían, pois coa entrada en vigor desta Orde só se matizaron algúns aspectos ou ben se fixeron públicos os novos modelos de partes de baixa, alta e confirmación.

Deixámosvos a continuación material que vos pode ser de utilidade na vosa xestión das incapacidades temporais nos primeiros 365 días de duración, ou o que comunmente coñecemos como "baixas":


- Boletín especial  análise polo miúdo do RD 625/2014

- Cadro-resumo sobre o novo sistema de baixas médicas

Por último, destacamos as novidades non incluídas no RD 625/2014 que da lugar a esta orde:

Baixas médicas e confirmación

1) Taboas de duración óptima dos procesos patolóxicos e taboas sobre o seu grao de incidencia nas diferentes actividades laborais: subministradas e revisadas periódicamente polo INSS. Nestas basarase o persoal facultativo para  asignar a duración estimada do proceso de IT. Estas táboas xa existían.

2) Novos modelos dos partes médicos e baixa e confirmación.

3) Naqueles procesos de duración estimada moi corta (inferior a 5 días naturales), o facultativo emitirá os partes de baixa e alta no mesmo acto médico utilizando un único parte, facendo constar os datos relativos á baixa e os identificativos da alta e a súa data, que poderá coincidir co día da baixa ou estar comprendida dentro dos tres días naturais seguientes.

Porén, a persoa traballadora poderá solicitar que se lle realice un recoñecemento médico o día fixado como data de alta e, se o persoal facultativo considerase que non recuperou a súa capacidade laboral, poderá modificar a duración estimada do proceso patolóxico a través dun parte de confirmación da baixaa que deixará sen efecto a alta prevista inicialmente; indicará o diagnóstico, a nova duración estimada, o tipo de proceso e a data da siguinte revisión médica.

4) Independientemente da duración estimada do proceso, o persoal facultativo expedirá a alta médica por curación ou melloría que permite realizar o traballo habitual, cando considere que a persoa traballadora recuperou a súa capacidade laboral, por proposta de incapacidade permanente ou por inicio dunha situación de maternidade.

5) Se a persoa traballadora non acode á revisión médica prevista nos partes de baixa e confirmación, poderase emitar o alta médica por incomparecencia.

6) Cando un traballador en situación de incapacidade temporal reciba a asistencia sanitaria nun servizo público de saúde distinto, tal circunstancia debe reflexarse no parte de confirmación inmediatamente anterior, así como a data na que procederá realizar aa siguinte revisión médica polo novo servizo público de salude.

7) Co último parte de confirmación anterior ao esgotamiento dos 365 días naturais de duración da IT, o persoal facultativo deberá comunicar á persoa traballadora no acto de recoñecemento médico que, unha vez esgotado o dito prazo, o control do proceso corresponderá no sucesivo ao INSS. Sen prexuízo de que o servizo público de saúde ou a mutua ll siga prestando asistencia sanitaria.

8) Nos procesos nos que o subsidio esté a cargo dunha mutua, o INSS comunicaralle a esta, de forma inmediata, cando o proceso alcance os 330 días naturais de duración, indicando que a partir do esgotamento dos 365 días pasará o INSS a exercer as competencias relativas á incapacidad temporal (prórroga, alta).

En caso de procesos derivados de continxencia profesional e uhna vez recibida a dita comunicación e antes de que a incapacidade temporal chegue aos 345 días naturais de duración, a mutua poderá facer proposta motivada de actuación ao INSS, que non será vinculante. O INSS ditará resolución expresa.

Alta médica

1) Novos modelos para os partes de alta.

2) A comunicación do parte de alta polo INSS ao servicio público de salud ou á mutua, realizaráse de forma telemática, de maneira inmediata e, en todo caso, no primeiro día hábil siguinte ao da súa expedición.

Igual para as solicitudes de alta que as mutuas formulen ao INSS. Agora ben, se o INSS considera que

- Non procede a alta: comunicarallo á mutua, de forma telemática, de maniera inmediata e, en todo caso, no primeiro día hábil siguinte ao de adoptar a decisión.

- Se procede a alta: expedirá o parte e o comunicará na forma habitual.

3) Se o parte médico de alta foi expedido polo INSS, esta será o único competente para emitir unha nova baixa pola mesma ou similar patoloxía, durante os 180 días naturais siguintes á data na que se expididiu a alta.

Tales baixas serán comunicadas ao servizo público de saúde ou á mutua cando lles corresponda a cobertura da prestación económica.

Cuestións comúns á alta e á baixa

1) Se o persoal facultativo non dispón de medios telemáticos, empregará os partes médicos en soporte papel, e o servizo público de saúde ou a mutua transmitirá telemáticamente ao INSS os datos correspondentes a ditos partes nos 2 días hábiles siguintes á súa expedición.

2) Naqueles procesos de duración estimada moi corta (inferior a 5 días naturales), a persoa traballadora presentará á empresa a copia do parte de baixa/alta dentro das 24 horas seguientes á data da alta. Se o persoal facultativo emite o primeiro parte de confirmación porque considera que a persoa traballadora non recuperou a súa capacidade laboral, esta presentarao á empresa dentro das 24 horas siguintes, xunto co parte de baixa inicial.

3) A empresa transmitirá ao INSS o parte de baixa, de confirmación ou de alta que lle presente o traballador, despois de cumprimentar os apartados que lle correspondan, a través do sistema RED, con carácter inmediato e, en todo caso, dentro do prazo máximo de 3 días hábiles a partir da súa recepción. Aínda cando asumiran o pago da prestación económica de incapacidade temporal no réxime de colaboración voluntaria.

4) Só poden consultar, tratar e explotar os datos incluidos nos partes o INSS. A TXSS pode consultarlos exclusivamente con relación ás condicións de cotización específicas respecto das persoas traballadoras en situación de baixa médica.

En todo caso, a transmisión, cesión, tratamento e explotación doos datos recollidos nas copias dos partes médicos están sometidos á Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal.

5) Os modelos das copias dos partes médicos en soporte papel deberán ser conservados polas empresas durante un prazo de 4 anos, a contar desde a data da súa presentación telemática ao INSS.

Informes de control das situacións de incapacidade temporal

1) Cando a xestión da IT corresponda ao servizo público de saúde, a Inspección de Servizos Sanitarios da Seguridade Social ou órgano equivalente, ou o persoal médico de atención primaria baixo a súa supervisión, expedirá trimestralmente un informe médico de control da incapacidade na que consten todos os extremos que xustifiquen a necesidad de manter a incapacidade temporal.

2) Os servizos públicos de saúde porán estes informes médicos de control a disposición do persoal da Inspección médica adscrito ao INSS, ou do persoa facultativo das mutuas, no prazo de 5 días hábiles desde a súa emisión. O mesmo para os informes médicos complementarios e as súas actualizacións, e as probas médicas que se realicen ao longo do proceso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario