martes, 2 de febreiro de 2016

Aberto o prazo para anotarse á campaña de vixilancia da saúde

No DOG do 1 de febreiro, publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos.


Novo ano, nova campaña de vixilancia da saúde o persoal da Administración xeral. É aplicable a todos os traballadores da Xunta de Galicia, agás ao persoal que presta servizos nos centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao persoal e centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e ao persoal de entes públicos e fundacións, que teñen as súas campañas de vixilancia da saúde específicas.

O martes, 2 de febreiro, ábrese o prazo para solicitar o recoñecemento médico para o persoal da Administración xeral da Xunta de Galicia.  O prazo de inscrición rematará transcorridos 30 días naturais dende o día seguinte ao da publicación da resolución do DOG (o mércores, 2 de marzo), agás para o persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais

A solicitude farase de xeito telemático a través da páxina web do Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario