Chega outro ano máis o borrador dos criterios do Fondo de Acción Social (FAS) do 2015, ou do que queda del, máis ben, trala lei de medidas de 2012: o relativo á axuda para a atención de persoas con discapacidade. Recordamos que o persoal laboral ten este dereito recoñecido xa no V Convenio Colectivo no artigo 35. Descargar borrador
A redución do FAS á mínima expresión sigue prorrogada a través da Disposición Derradeira Terceira da Lei de acompañamento de orzamentos 2016. Xunto con este recorte tamén segue prorrogada suspensión de varios artigos do Convenio Colectivo (entre eles o 19 do descanso en domingos e festivos); outras "medidas temporais" xa as incluíron como definitivas na lei de emprego público como a de "pagar por enfermar".
Iste ano aínda é máis miserable por 2 motivos: hai un recorte do 6,81% respecto do ano pasado e non se blinda a cantidade total orzamentada. No primeiro caso temos a elminación da partida que todos os anos se recollía para facer fronte a posíbeis reclamacións ou pago de axudas de anos anteriores; neste caso, ao respecto do ano pasado, o recorte é de 136.392,00€ (isto supón un recorte dun 6,81%). Por outra banda, tendo en conta o restritivo das axudas, chama poderosamente a atención que a Xunta nin sequera estea disposta a blindar a contía total orzamentada (2 millóns de euros). Así, se o total das axudas solicitadas fose inferior a esta contía, reduciríase o gasto total.
En fin, xa vemos o que lle importa a política de axuda a persoas con discapacidade e indirectamente o das traballadoras e traballadores da Xunta que as teñen baixo a súa dependencia; os temas sociais e os rescates á xente preocúpanlle, case tanto, case tanto, como os rescates bancarios.
Outro apartado polémico relacionado co FAS é o seu pagamento atrasado. Fica sen responder, e sen facer nada que saibamos, o escrito presentado pola Xunta de Persoal a finais do ano pasado ante as queixas do persoal por este tema. Nese escrito solicitábase que a Consellaría de Facenda tramite o Fondo de Acción Social no seu tempo. Xa que, cando menos, supón un trastorno ao persoal que o recibe ter que realizar todos os anos declaracións do IRPF complementarias debido ao retraso na resolución por parte da Administración.

Ningún comentario:
Publicar un comentario