venres, 26 de febreiro de 2016

Unha empresa pública galega cobra 17€ por cada curriculo recibido

En xaneiro coñecíamos que AirEuropa cobraba 60€ por realizar unha entrevista de traballo, loxicamente sen garantir nada e montouse unha boa, como non podia ser menos. Era unha mostra do degradado que está o traballo no Estado Español e que motiva o que a ministra do ramo chamou "espírito aventurero" da xente nova.

Pois ben, non hai que irse tan lonxe, no noso pais, temos unha "empresa pública" que cobra 17€ por cada curriculo que lle deixes. A cousa é tan abusiva que chegan a cobrar 17€ para botar o currículo de admnistrativo/a e outros 17€ se estás interesado/a, por exemplo, noutro posto do cadro de persoal, como enxeñeiro/a. O peor é que a entrega dese curriculo non garante que te vaian chamar, de feito, na dita empresa pública os chamementos temporais están bastante limitados.


Non é ciencia ficción, falamos da Xunta de Galiza, falamos da súa Administración Xeral onde os chamamentos das listas levan anos ralentizados e limitados por lei pero iso non implicou que cambiaran (ou limitaran) a política de cobrar 17€ por cada lista na que te apuntes, ou sexa, por cada categoría profesional, corpo ou escala na que queiras traballar de xeito temporal.

Asumimos o habitual como normal pero non o é, non é normal que cobren por apuntarte nunhas listas, como non é normal que te cobren por unha entrevista de traballo, nin por deixar un curriculo, nin sequera por presentarte a un proceso selectivo. Pero isto é a Xunta de Galiza, ademais de cobrar, cobran ben, e máis que outras Administracións. Poñamos como exemplo as taxas das probas selectivas (2015) de acceso ao subgrupo C2: na Xunta son 24,90 €; na Administración Xeral do Estado son 11,21 € (ou 5,61 € na promoción interna que para iso hai menos exames, ou debera habelos). Vale que o  IPC galego está unhas décimas por riba do español, pero só unhas décimas, no máis do dobre.

Ben curioso, aumentan a oferta de emprego público, suben a tasa de reposición, pero mentres non se cubran eses postos, a súa cobertura temporal segue sendo excepcional.  O que non é excepcional é seguir cobrando 17€ por cada lista na que te apuntes, independentemente que antes xa pagaras por presentarte ao proceso selectivo desa lista e non o superaras.

Xa en 2013, a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais solitáralle a Función Pública que deixara de utilizar estas listas con carácter meramente recadatorio. Moita xente se anotou antes de que comezasen a existir estar limitacións orzmantarias e pagou unha tasas por anotarse nunhas listas que cada día, a pesar da "recuperación", non teñen espectativa de moverse. Agora segue anotándose xente e as limitacións dos chamamentos seguen aí e os 17€ por lista tamén. Desta petición fixéranse eco os grupos políticos da oposición no Parlamento galego

Seguindo coa estafa das listas da Xunta, no DOG do 26 de febreiro de 2016 publican a listaxe provisional de actualización de méritos do 2015, ollo. Ademais, abren xa algunhas listas para este ano 2016, debe haber presa en recadar, ou máis ben, en estafar.

Novas relaciondas:

1 comentario:

  1. Isto si non o fixera unha administración, sería delito por estafa, pero como o teñen regulado por lei, non digo que sexa unha lei xusta, tamen era lei a de "vagos e maleantes"..., en fin sigue sendo unha estafa legal, a ver da parte deste sistema que teñen poder para poner o recurso de constitucionalidade o pon: defensor do pavo, soñadores, ciputados, xuises. Saúdos Fulgencio.

    ResponderEliminar