Respecto da última versión, o texto xa definitivo e remitido en correo masivo pola Dirección Xeral de Función Pública aos correos corporativos da Xunta, houbo varios cambios dos que a maioría era de pura lóxica, como o do permiso retribuído para as empregadas públicas a partir da semana 37 de xestación, outros van na liña de endurecer o exercicio destes permisos para o persoal laboral que traballa a quendas sen compensación adicional, ademáis que deixaron fora varias cuestións como a definición de enfermidade grave ou a ampliación da xornada de verán para persoal con fillos/as menores de 12 anos.
No prazo de súa semanas crearase unha comisión de seguimento Administración/sindicatos "para velar polo desenvolvemento e a resolución dos problemas que poidan xurdir na aplicación destas instrucións e, no seu caso, tamén poderá propor no futuro modificacións da mesma". Nesta comisión de seguimento participarán Función Pública e as consellerías de Medio Rural e Política Social, sen prexuizo de que asista calquera outra consellería. Agardamos que teña máis éxito que a da Flexibilidade e o Teletraballo e agardamos que a inclusións específica destas consellarías non sexa para seguir poñéndolle trabas ao persoal laboral no exercicio dos seus dereitos.
Na páxina 2, Primeira. Ámbito de aplicación: aplícanllo tamén ao persoal de corpos xerais ou da lei 17 que traballe en xerencias ou hospitais, como non podía ser doutro xeito.
Na páxina 7, engádese o apartado 10 que limita as vacacións para ao persoal laboral que traballa a quendas.
10. Para garantir a continuidade asistencial e unha correcta prestación dos servizos públicos, como regra xeral para o persoal a quendas o número máximo de solicitudes de vacacións autorizables será da metade das presenzas de cada departamento ou unidade durante o período de verán e dun terzo durante o período de nadal.
Na páxina 9, engádese o apartado 3, relativo ás probas selectivas fora da Comunidade Autónoma de Galicia; di que se poderá conceder tempo extra para o desprazamento pero ese "poderá" depende de valoración discrecional de non se sabe moi ben que "órgano competente".
Na páxina 10, aclárase o permiso de lactación, apartado 4, incluíndo o que xa figura na instrución específica pero agora si, poñéndoo tamén nas instrucións xerais:
Na páxina 9, engádese o apartado 3, relativo ás probas selectivas fora da Comunidade Autónoma de Galicia; di que se poderá conceder tempo extra para o desprazamento pero ese "poderá" depende de valoración discrecional de non se sabe moi ben que "órgano competente".
Na páxina 10, aclárase o permiso de lactación, apartado 4, incluíndo o que xa figura na instrución específica pero agora si, poñéndoo tamén nas instrucións xerais:
O persoal funcionario e o persoal laboral poderá facer uso deste permiso con independencia de que o outro proxenitor traballe ou non. Non obstante, só poderá ser exercido por un dos proxenitores no caso de que ambos traballen.
Na páxina 17, décimo sétima, entran en razón e inclúen o permiso retribuído para as funcionarias e as laborais en estado de xestación (Disposición adicional decimosexta do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público):
Na páxina 17, décimo sétima, entran en razón e inclúen o permiso retribuído para as funcionarias e as laborais en estado de xestación (Disposición adicional decimosexta do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público):
As funcionarias e as laborais en estado de xestación, poderán gozar dun permiso retribuído, a partir do día primeiro da semana 37 de embarazo, ata a data do parto.
No suposto de xestación múltiple, este permiso poderá iniciarse o primeiro día da semana 35 de embarazo, ata a data do parto.
Na páxina 24, vixésimo cuarta, inclúen o dereito de adaptación progresiva da xornada laboral para tratamentos oncolóxicos na medida do aprobado na Administración do Estado en decembro pero cunha lixeira diferencia: non inclúen o seguinte parágrafo que permitiría a mesma adaptación para outro tipo de tratamentos de especial gravidade fóra dos oncolóxicos.
Con carácter excepcional, e nos mesmos termos indicados, esta adaptación de xornada poderá solicitarse en procesos de recuperación doutros tratamentos de especial gravidade, debendo neste suposto analizarse as circunstancias concorrentes en cada caso
Acceso web Instrucións
Novas relacionadas:
Con todas a eivas que ten esta resolución sobre vacacións, tamen ten algunha cousa boa, como que queda claro que os sabados son inhábiles, dia de examen, as vacacións regulanse bastante ben segundo a miña opinión, o que seguen e a roubarnos tres días por asuntos propios, antes tiñamos 9 e ahora partimos de 6, en fin, eu digo que debíamos de partir deste borrador para melloralo, pero ou moito me equivoco ou logo o empeoraran alguns servizos de persoal, vexase o de educación ou servizos socias, coas suas interpretacions torticeiras. Saúdos Fulgencio.
ResponderEliminar