xoves, 25 de febreiro de 2016

Achégase a semana máis intensa dos asuntos da Función Pública

Imaxe da portada do Boletín do mes de febreiro
"Para a semana que vén dirán algo" ese é o resumo dos asuntos máis variopintos de temas de Función Pública que van a cámara superlenta tratados na Comisión de Persoal do pasado 24 de febreiro: que si nos dirán algo do concurso, tribunais, temarios, decreto de listas, paga extra...

Semella que "a semana que vén" vai a ser intensa se non for que xa nos deron moitos motivos para desconfiar e poucas datas concretas, aínda que este ano si que hai interese político en sacar cousas de cara a galería pública, sobre todo as que teñen que ver con emprego público. En canto a outras dúbidas concretas, estaría ben vir coa información debaixo do brazo, que a maioría dos asuntos, senón todos, son temas formulados e reformulados cento de veces.

Só hai duas cousas que concretan "máis ou menos": que NON van convocar escala de Consumo (OPE 2014) e que os EXAMES de corpos xerais de persoal funcionario serán en maio para a promoción interna e os de libre, máis ou menos, un mes despois. Como dicíamos no Boletín de febreiro: "un pouquiño de seriedade, por favor". Imos aos asuntos menos concretos:


Paga extra 2013: non teñen considerado nada ao respecto do aboamento da parte divindicada.

Puntuación provisional de méritos do concurso de traslados de corpos xerais: teñen problemas coa aplicación informática de baremación dos cursos. Din que a ver se pode saír na semana que vén.

Concurso de traslados do CIXTEC: o xoves 25 van ter unha xuntanza co CIXTEC e para a semana dirannos algo ao respecto.

Exames de corpos xerais (promo interna e acceso libre): preguntamos polo ruxe ruxe que circula entre os traballadores e difundido tamén por unha academia de oposicións de que os exames se ían adiar ao mes de setembro. O director desminte esa información e reafírmase en que os exames de promo interna van ser en maio e os de acceso libre serán, máis ou menos, sobre un mes despois.

Instrucións tribunais oposicións: xuntanza para a semana que vén.

Temarios EGAP: están con iso. Na semana que vén dirán algo. Diante da pregunta de quen está elaborando os temarios, remítenos a preguntar na EGAP. Os temarios dos que se encargou Función Pública están sendo redactados por profesores de universidade, en canto aos temarios da OEP de discapacidade intelectual, adaptaron os do Estado e estanse redactando por persoal da Dirección Xeral da Función Pública

Temarios específicos dos procesos selectivos da OEP 2016: o director di que esas peticións deben trasladarse tamén directamente á EGAP.

Temario de persoal veterinario: Na semana que vén dirán algo.

Decreto de listas: haberá xuntanza na semana que vén.

RPT Agadic: nas próximas semanas haberá unha xuntanza previa á Mesa Xeral e no prazo máximo dun mes, o director di que ten que quedar pechada.

OEP 2014, escala de consumo: non se convocarán este ano.

IGE e Instituto de Consumo: o tema da adaptación á LOFAXGA destes organismos está máis avanzado.

Servizo de alerta epidemiolóxica de Galiza: sen novidades, estano a falar Orzamentos e a Consellería.

ACTUALIZACIÓN (26/02/2016): achegan convocatoria pra reunión mércores, 2 de marzo,  para falar do novo decreto do IGE, da modificación do decreto de listas de substitución, dos últimos borradores de convocatorias de procesos selectivos e das instrucións de funcionamento dos tibunais de selección (descargar borrador).

1 comentario:

  1. Xa o dixen varias veces neste foro, os xestores da Función Pública Galega teñen unha noción diferente o resto dos mortales do espazo-tempo, e a semana que ven, pode ser dentro de tres anos, esta por vir esa semana, vexase as opes do 2008, 2009...que están por convocar para a semana que ven. Saúdos Fulgencio.

    ResponderEliminar