xoves, 28 de abril de 2016

A Xunta utiliza politicamente o protocolo de prevención de acoso laboral

Xa o viñamos advertindo cando se levou este protocolo á Mesa Xeral do día 22 de abril. Posteriormente, este protocolo aprobouse o 27 de abril co voto a favor das catro centrais sindicais presentes na Comisión de Persoal.

Pois dito e feito, ao día seguinte da súa aprobación, xa tiñamos a noticia na prensa e ben distorsionada para cubrir o interese político do grupo no Goberno da Xunta. O que é un protocolo de prevención do acoso laboral convertérono para a opinión publica nunha ferramenta de loita contra a corrupción:


No interior da nova en papel (porque en electrónica só dispoñible versión de pagamento) destácase que se "prohíben expresamente as represalias" e fálase dun comité "independiente" (no que a metade está elexido pola Administración). Loxicamente prohíbense as represalias porque son ilegais (e poden constituir un delito), o caso é como facer para asegurarse de que estas non se produzan?. Este protocolo non está centrado nin especializado na protección ao denunciante de corrupción e non o está porque para iso precisaríamos unha ferramenta legal, non un protocolo para cada Administración, unha ferramenta que dese garantías reais á persoa denunciante, independentemente da súa condición de traballadora ou traballador público, semellante ao que hai noutros países europeos da contorna.

Iste uso político xa non é novo e leva coleando desde o ano pasado.

Por último, no puramente relacionado co acoso laboral, recordamos que na Xunta levamos desde o 2011 pelexando por este protocolo e solicitando que aplicaran subsidiariamente, mentres non existira un propio, o da Administración Xeral do Estado que xa o ten desde ese ano.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario