Segundo información da páxina web da Función Pública, están constituidos xa os tribunais de promoción interna do C2, C1 e A2, ademais do A2 da escala de Finanzas. Agardamos que en breve se constitúa o A1 de promoción interna e o A1 da escala de Finanzas.
Por outra banda, lembramos que a principios deste mes quedaron tamén de facer pública as datas previstas para os distintos exames da quenda de acceso libre. Asimesmo, teñen a intención de establecer, aínda que non sexa con exactitude, as datas dos segundos exames da promoción interna. Só na escala técnica de finanzas (libre e promoción interna) o tribunal avanzou un cronograma coa data do segundo (2ª quincena de xullo) e terceiro exercicio (2ª quincena de outubro).
Estas son as datas dos tribunais que xa realizaron a primeira sesión constitutiva:
- CORPO DE XESTIÓN DE ADMINISTRACIÓN (PROMOCIÓN INTERNA): Data de constitución do tribunal: 28 de abril de 2016.
- ESCALA TÉCNICA DE FINANZAS: Data de constitución do tribunal: 27 de abril de 2016
- CORPO AUXILIAR DA XUNTA DE GALICIA (PROMOCIÓN INTERNA): Data de constitución do tribunal: 26 de abril de 2016.
- CORPO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA (PROMOCIÓN INTERNA): Data de constitución do tribunal: 26 de abril de 2016.
Novas relacionadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario