Pica na imaxe para descargar |
No 2017, ao caer o 24 e 31 de decembro en domingo, haberá dous días moscosos adicionais.
No Consello da Xunta do 04/05/2016 informouse o calendario laboral para 2017 no que se volverá incluir como festivo propio o 17 de maio (Día das Letras galegas), desta volta en sustitución do 1 de xaneiro que caerá en domingo. Por outra banda, non se exerce a facultade de sustitución e se mantén como festivos no noso país: o 6 de xaneiro, o xoves santo (12 de abril) e, por suposto, o 25 de xullo (Día Nacional da Galiza).
A estes hai que engadir os 8 festivos na totalidade do estado español, non sustituíbles: Venres Santo (13 de abril), 1 de maio (Día Internacional da clase obreira), 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro. Restan tamén outros 2 festivos por cada término municipal que elixen os concellos.
A maiores, cómpre destacar que o persoal da Xunta, en virtude das Instrucións de permisos, vacacións e licenzas, no 2017 teremos dous días adicionais de asuntos persoais, ao caer o 24 e 31 de decembro en domingo.
Novas relacionadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario