martes, 10 de maio de 2016

Presentan un informe que detalla o "abandono e deterioro" nos centros de atención directa de Política Social

O Comité de Empresa de Política Social da Coruña, CONVOCA ROLDA DE PRENSA, para presentar maña mércores 11 de maio de 2016 o INFORME SOBRE SITUACIÓN DOS CENTROS DE ATENCIÓN DIRECTA (Residencias de Maiores, Centros de Menores e CPAD da Coruña), DE POLÍTICA SOCIAL NA PROVINCIA DA CORUÑA.

A situación de deterioro e abandono destes centros ten chegado a unha situación alarmante e os recortes e non cobertura de postos de traballo amenazan a calidade das prestacións e o mantemento dos servizos básicos a prestar aos usuarios. Hai que ter en conta que durante os dous mandatos de Nuñez Feijoo non se abriu nengunha residencia de maiores, nengún centro de menores nin nengunha escola infantil. Nestes anos de goberno do PP, todo foron privatizacións e recortes para os orzamentos dos centros de atención directa.

O Comité de Empresa de Política Social elaborou un documento que mostra ao detalle a situación actual a Maio de 2016, das condicións nas que esta a traballar o persoal laboral e as carencias de todo tipo que  se dan nestes centros de atención directa da provincia da Coruña.

O informe mostra a situación real e non a pompa e boato publicitario co que Nuñez Feijoo e Rey Varela adornan a neglixencia e a incuria coa que se xestionan os centros de atención directa de Política Social na provincia da Coruña.

NO ACTO ADEMAIS DOS MEMBROS DO COMITÉ DE EMPRESA, ESTARÁN PRESENTES:

Suso Seixo, Secretario Nacional da CIG.
José Vázquez González. Secretario Nacional Sector Autonómica FSP-UGT Galicia.
Manuel Camaño. Secretario Nacional da CUT

Ningún comentario:

Publicar un comentario