Os vindeiros luns 13, martes 14, mércores 15 e xoves 16 de xuño, temos unha nova oportunidade para ser solidari@s.
O persoal sanitario do Centro de Transfusión de Galicia achegarase ata os edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Caetano, para atender as persoas que desexen participar das 09:30 horas ás 14:30 horas na unidade móbil diante da cafetería.
O persoal sanitario do Centro de Transfusión de Galicia achegarase ata os edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Caetano, para atender as persoas que desexen participar das 09:30 horas ás 14:30 horas na unidade móbil diante da cafetería.
Poden doar sangue as persoas maiores de idade, con mais de 50 kg e cunha saúde normal. E moi importante almorzar e levar o DNI. A doazón é voluntaria, altruísta, anónima e universal. Non se paga a doazón nin se cobra o sangue transfundido.
Doar sangue non supón ningún risco para a nosa saúde, empregase material estéril e dun so uso, e ademais non nos debilita, xa que o volume de sangue doado recuperase case de xeito inmediato ao longo das dúas horas seguintes a doazón.
O verán é unha época do ano de máxima dificultade para acadar unha participación que permita atender a todos os enfermos nos hospitais de Galicia. Neste verán precisamos 10.000 doazóns de sangue cada mes.
O pasado ano 2015 houbo nas nosas dependencias 398 doazóns de sangue. Con ista participación pode levarse a cabo, por exemplo, preto de 200 intervencións cirúrxicas e transfundir plaquetas a case 70 enfermos de cancro ou leucemia.
Grazas a todas as persoas que permiten cada día a moitos enfermos recuperar a saúde ou salvar a súa vida.
Achegamos material informativo e video sobre a doazón de sangue en Galicia:
Ningún comentario:
Publicar un comentario