venres, 10 de xuño de 2016

Convocado o polémico programa de autoformación da EGAP que "non vale para os concursos"

No DOG do 6 de xuño publica a EGAP un novo plan de autoformación para o para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Este programa de autoformación comezou a andar no 2013. Como novidade este ano aparece que estas actividades formativas valoraranse conforme establezan as bases dos concursos que convoque, no seu día, a Dirección Xeral de Función Pública. Recordamos que no último concurso de traslados de corpos xerais valoráronse como cursos os "certificados de equivalencia" que poden derivaron destes plans.

Porén, no actual concurso non apareceron valorados na puntuación provisional como equivalentes aos cursos con titoría. Se unha actividade formativa vale ou non vale no eido da Función Pública debería quedar fixado de antemán e non andar creando falsas espectativas na xente e problemas de inseguridade xurídica. E agora a pelota está na Comisión de valoración, máis esto debería quedar solucionado de xeito permanente. Recordamos tamén que no anterior concurso si puntuaron.

Para as persoas que, aínda así, desexen "autoformarse", desta volta tedes un total de 44 "cursos" nos que calquera traballadora ou traballador da Administración autonómica se poderá matricular automaticamente desde o 7 de xuño ata o 30 de decembro a través da zona de matrícula da EGAP. Hai contidos informáticos pero tamén outros  relacionados con riscos laborais, igualdade ou diferentes novidades normativas. O acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, onde por certo, para superalos se esixe un 70% das preguntas correctas, máis que nun curso normal.


Ligazóns relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario