Actualmente hai 8.953 persoas na Xunta con horario flexible mais só 150 con algunha xornada a semana con teletraballo.
A Administración remítenos os datos acumulados das flexibilidades horarias e do teletraballo con relación á data de 31 de maio. Volve ralentizarse o aumento do teletraballo que en termos globais ten unha implantación que só se pode cualificar de ridícula: 150 persoas das 2.000 inicialmente previstas pola propia Xunta. Xa seguía ralentizada a flexibilidade, que só aumenta de xeito máis destacado nos servizos periféricos, onde agora comezan a abrir a man, xa que nos Servizos Centrais é practicamente total.
Seguen abrindo tamén a man, moi pouco a pouco, co teletraballo. As novas resolucións desta modalidade de traballo van para postos informáticos (3), 1 posto letrado/a, 1 xefe/a de Gabinete, 1 Subinspector/a urbanístico, 1 Inspector/a farmacéutico, 1 Xefatura de servizo Facenda, 1 Xefatura de sección (tamén en Facenda). Porén, houbo 1 denegación dun posto de asistente/a social. Na flexibilidade desta volta tamén houbo 2 denegacións en servizos periféricos en 2 postos de auxiliar administrativo con horario especial.
Xa leva en marcha a orde que regulamenta a flexibilidade e teletraballo desde 2013 e os números do teletraballo están pedindo unha reforma que facilite a implantación real desta modalidade de xornada laboral. Por outra banda, a flexibilidade estase estancando e sería hora de mirar a ampliación a outros colectivos onde non chega e por suposto modificacións que faciliten a conciliación alí onde xa está implantada. Recordamos que recentemente fixeron unha pequena modificación, acabando co absurdo de non permitir flexibilizar os venres pola tarde e ampliaron ata as 20.00h o horario de referencia en centros que non son edificios administrativos, sempre e cando collas as chaves. Máis información
ATOS RELATIVOS
ÁS FLEXIBILIDADES E TELETRABALLO APROBADAS
31 MAIO 2016
Flexibilidade
automática
|
||
APROBADAS
|
SERVIZOS
CENTRAIS
|
SERVIZOS
PERIFÉRICOS
|
7.895
|
2.949
|
4.946
|
Flexibilidade
POR CONCILIACIÓN
|
||
APROBADAS
|
SERVIZOS
CENTRAIS
|
SERVIZOS
PERIFÉRICOS
|
1.058
|
417
|
641
|
TELETRABALLO
|
||
APROBADAS
|
SERVIZOS
CENTRAIS
|
SERVIZOS
PERIFÉRICOS
|
90
|
71
|
19
|
PRORROGADOS
|
SERVIZOS
CENTRAIS
|
SERVIZOS
PERIFÉRICOS
|
60
|
43
|
17
|
TOTAL:
150
|
TOTAL:
114
|
TOTAL:
36
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario