Aínda sen rematar os actuais procesos selectivos en marcha, achéganos xa Función Pública os borradores das seguintes ordes de convocatoria:
- Corpo superior de Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas. OPE 2013. 8 prazas (2 promoción interna). Requisito de titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de licenciado ou graduado nunha titulación de calquera rama. Descargar
- Corpo de xestión de Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas. OPE 2014. 8 prazas (2 promoción interna). Requisito de titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de diplomado/a universitario/a, enxeñeiro/a técnico/a, arquitecto/a técnico/a ou grao de calquera rama. Descargar
As alegacións poderán ser remitidas antes do venres 11 de novembro.
Lembramos que actualmente están en desenvolvemento os procesos selectivos da escala de Finanzas correspondentes ás OPEs anteriores (a do 2012 para o A1 e a do 2013 para o A2). Estes procesos foron convocados en maio do 2015 e recentemente realizáronse os terceiros exercicios. Aproveitamos para demandar unha maior previsión e axilidade na realización dos procesos selectivos na Xunta de Galiza e o cumprimento dos prazos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario