Esta de moda estes días o tema do "estudo de carga de traballo na Xunta"; así o recolle o diario do réxime en destacado na súa sección "Galicia". Fálase de que a Xunta analizará a carga de traballo "para repartila mellor". Da a impresión que no que vai de tempo e a pesar de todas as persoas que cobran (e o que cobran) por organizar o traballo pois que isto non se fixera nunca.
Na realidade, todo isto vén motivado pola presentación da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa do programa piloto de "Análise de cargas de traballo na Xunta de Galicia.". Iso vendeunos (ou tentaron, máis ben) aos sindicatos como, ollo ao dato, e entre outras marabillas, unha forma de reducir as contratacións externas. En fin...
A cuestión é que esta carga de traballo só se vai mirar, de momento, e en plan piloto, na consellaría da que forma parte esa dirección xeral, ou sexa, a de Presidencia, para máis señas, que durará 3 meses, que primeiro van levalo Consello da Xunta, para que se luza o presidente, e que o faran por servizos, por postos, non por persoas; non ten que ver coa famosa valoración do desempeño. E o obxectivo non é a Sanidade e Educación senón só a Administración xeral, deixando fóra ademáis todos os entes instrumentais.
En fin, xa sabedes como son estes estudos, oportunidades para sacar notas de prensa e logo conclusións que din o que queren que digan, como xustificación para facer o que xa tiñan pensado facer, sexa esto un plan de ordenación de recursos humanos, ou modificar unha RPT ou o que sexa. O caso é que se deixen de vendernos motos e que falen as claras. Nada dixeron da inversión da pirámide de recursos humanos, por certo, onde cada vez son máis as xefas e xefes e menos as currelas. Seguiremos vixilantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario