Despois de levar no conxelador desde xullo do 2016, retoma agora a Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a "negociación" da súa Relación de Postos de Traballo (RPT). Descargar documentación.
Trae como novidade, respecto a outras RPTs, a columna de "ÁREA FUNCIONAL", motivo polo que se involucrou en maior medida o director xeral da Función Pública. O que xa non é novidade son os 23 postos de nova creación derivados de sentenzas de indefinición que condenan a Xunta por subcontratación ilegal. Estes 23 únense aos máis de 50 postos que xa foron creados por esta consellaría polo mesmo motivo. Responsabilidades?: cero.
Na primeira reunión que tivo lugar o 7 de marzo, o director xeral da Función Pública manifesta que:
- Incorporan as áreas funcionais (xa previstas por orde do 21/11/1989). Van sacar unha orde con acordo do consello da Xunta para poñelo en marcha.
- Teñen case feita unha adaptación global de todas as consellerías (tan só lles restaría adaptar unha ou duas). Pasan os niveis 28 a CE ou LD. Aplican as áreas funcionais.
- Abertos a propostas das áreas funcionais.
- Buscan simplificar méritos e requisitos imprescindíbeis, con criterios homoxéneos. As consellerías non terían que certificar funcións.
- As áreas funcionais afectarían a administración xeral (excluen admón. especial).
Consellería:
- Responsabilizan a FP de non poder abrir os postos a máis de dúas escalas.
- Tamén que FP son os responsábeis de que non haxa coherencia entre postos idénticos entre xefaturas territoriais pois estarían obrigados a adaptar os postos ás persoas que as ocupan (inclusive a quenes están en comisións de servizo).
- Os pluses que falan nos laboratorios din que enviaron informe a semana pasada ao comité intercentros (do que non temos constancia) no que rexeitan os pluses porque xa non realizan as función.
- Unha vez pechada a RPT, pasariamos a falar das Illas Atlánticas.
En grandes liñas, na CIG:
- Remitímonos ás alegacións presentadas por escrito.
- Que supriman 11 axentes medioambientais vai ser unha desfeita.
- Non ten sentido que centralicen a dirección dos parques naturais en servizos centrais.
- Queremos medidas contra as persoas responsábeis das sentenzas de indefinición
- Non ten sentido dotar os postos de metereoloxía de persoas que non sexan licenciados en físicas (e especialidade de metereoloxía). A consellería danos a razón pero di que non llo permiten.
- Incoherente as discrepancias nas seccións e servizo de capa e pesca fluvial. Remítense aos impedimentos de Función Pública relatados anteriormente.
- O mesmo dicimos e o mesmo respostan para as diferenzas en áreas funcionais que poñen nos departamentos de persoal nas xefaturas territoriais.
- Equiparación pluses de laboratorio.
Admiten alegacións até o 13 de marzo con previsión de levar a proposta á Mesa Xeral esa mesma semana...
Ningún comentario:
Publicar un comentario