O 9 de maio houbo Mesa Xeral e Comisión de Persoal para "negociar" e aprobar a Orde de criterios para a elaboración das RPTs. Descargar documentación (últimos cambios). Esta Orde foi publicada recentemente no DOG do 11 de maio.
Tamén se achegou información de interese con relación a concursos de traslados e procesos selectivos, entre outros temas.
Con relación á proposta, a CIG solicita:
- A indicación de vacantes/non vacantes e liñas orzamentarias. Non necesitamos que sexa na RPT que vai ao DOG, serviría que aparecese no web de función pública.
- División da publicación da RPT en dous formatos: persoal funcionario e persoal laboral. Nesta última a CIG propón que a columna de complemento de singularidade se chame complementos e que nela apareza polo miudo todos os complementos da praza. Función Pública indica que os complementos irán nas columnas 12 e 14 da orde.
Votación na Comisión de Persoal:
- CIG e CSIF en contra.
- CCOO abstención.
- UGT a favor.
Outra información de interese:
Ao longo do mes de maio traerán a negociación as RPTs de ATRIGA, Secretaría de Presidencia e Infraestruturas. Queren adaptar todas as RPTs á Lei de emprego (e áreas funcionais) antes do verán.
Queren traballar sobre os criterios xerais de baremos dos concursos de traslados. A idea que teñen é convocar 1 concurso cada 6 meses con resolución en 3... Non dan prazos para posta en marcha, nin para negociacións.
No mes de xuño queren convocar o concurso de duas escalas de pouca xente (non dixeron máis).
Aceptan a baremación por horas, e non por tramos, nos concursos (reivindicación da CIG de sempre).
Insisten en, se é posíbel, chegar a acordo na refundición das categorías laborais dos grupos IV e V.
Queren pechar en maio a negociación das Illas Atlánticas (RPT de laborais, que implica a creación dunha categoría).
Tamén queren pechar en maio a negociación dos legoeiros/as.
OEP-2017: pendente aprobación dos orzamentos do estado (nada novo). Danse tres anos de prazo para converter o emprego temporal en fixo.
Segunda actividade: van pasar un novo texto. Pretensión de pechalo antes de rematar maio.
Tomas de posesión pendentes: a maioría xerán en xuño (sen máis concreción).
Van incluir ao persoal veterinario do Mar dentro do acordo de persoal veterinario. Non poñen data para a comisión de seguimento. A CIG insiste na necesidade de convocar a comisión, pois temos asuntos que tratar nela.
Segundo Función Pública non consta que haxa persoal da xunta afectado polo traslado do 061 e 112.
Plan de loita contra o fraude: solicitamos informe xurídico no que se basearon para non renovar ao persoal. Quedaron en convocarnos a unha xuntanza para darnos explicacións.
A sentenza do TSXG que recoñece o dereito de permuta do persoal laboral temporal, quedaron en estudala e informar posteriormente.
Proceso selectivo C2-Libre: volvimos a solicitar informe do Tribunal. Está pendente de informe da asesoría xurídica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario