No DOG do 10 de maio publícase a convocatoria do procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Xunta de Galicia en escolas infantís da localidade onde presta servizos. Atención: o prazo remata o 20 de maio.
Dúas novidades moi importantes, a obriga de presentar electrónicamente e extensión da reserva de prazas ao persoal de todas as xefaturas territoriais. Non era sen tempo, despois de tantos anos, ampliar esta reserva a escolas infantís máis aló de Compostela, Vigo e Pontevedra.
As escolas infantís dispoñibles son as seguintes:
- Escola infantil de Vite en Santiago de Compostela.
- Escola infantil Santa María de Oza na Coruña.
- Escola infantil Catabois en Ferrol.
- Escola infantil Sagrado Corazón en Lugo.
- Escola infantil Antela en Ourense.
- Escola infantil do Edificio Administrativo de Pontevedra.
- Escola infantil A Estrela do Complexo Administrativo de Vigo.
As solicitudes de renovación de praza e de novo ingreso coa documentación requirida presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo de presentación de solicitudes, tanto de renovación de praza como de novo ingreso, será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia: 11/05/2017 a 20/05/2017.
Ningún comentario:
Publicar un comentario