Achegamos os datos das adscripcións, comisións e prórrogas do pasado mes de maio. Descargar listaxe.
O número de renovacións das comisións dispárase como sucedeu no mes de marzo e acada as 111 resolucións. Porén, dentro das prórrogas xa hai persoal que pasa dos 2 anos ou os supéraos con creces. Recordamos que salvo en "non vacantes", o prazo máximo é de 2 anos. Outra cousa é que logo se produzan cruces de comisións e/ou comisións encadeadas.
As novas comisións crecen lixeiramente mais mantéñense nun nivel semellante (de 71 a 76), así como as adscricións provisionais (de 8 a 9). Como en abril, revogacións só houbo unha, desta volta en Vigo. Para non variar, hai promocións espectaculares como xente que pasa dun nivel 20 a un 30.
Agora din que van sacar concursos cada 1 ano ou 6 meses (antes dicían que cada 3 ou 6 meses) e xa mandaron o borrador dos criterios, polémico entre outros aspectos porque puntúa como "traballo desenvolvido" o nivel en comisións de servizos, que se conceden sen nigún baremo obxectivo. Xa postos, poderían empregar tamén algún deses criterios para as resolucións das comisións de servizo. Cómpre non esquecer, que aínda con concursos máis ou menos permanentes, as comisións de servizo non van desparecer pois quedarían aquelas para prazas non vacantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario