No DOG do 7 de xuño publícanse os convenios de colaboración subscritos pola Consellaría de Cultura e Educación no primeiro cuadrimestre do ano 2017.
Entre estes destacan, polo seu orixinal motivo para comprar titulares, os do "fomento da lectura da prensa escrita" nos centros docentes galegos ou os destinados a "potenciar o uso do idioma galego" nos principais rotativos galegos. Orixinais porque no primeiro caso máis que fomento da lectura, trátase de comprarlle xornais a determinadas editoriais e iso máis que convenio é un contrato de subscrición. E orixinal no segundo caso porque xa sabemos como potencian o uso do idioma galego a maioría dos xornais que se editan no noso país. En total, 549.000 €.
Xa non é novidade quen se leva a maior parte: La Voz de Galicia, polos dous tipos de convenios, un total de 297.850€. O resto para as outras editoriais de toda a vida: Faro de Vigo, S.A.U. , El Progreso de Lugo, S.L., La Región, S.A., Editorial Compostela, S.A, Editorial La Capital, S.L. e Rías Baixas de Comunicación, S.A
Convenios de colaboración para comprar xornais para os centros educativos
Canto menos curioso é o apelativo que merecen estes convenios de colaboración onde unha Administración pon cartos e a outra parte conveniante comprométese a colocar un número determinado de xornais nos centros docentes galegos. Isto presuntamente semella un contrato de compraventa malamente disfrazado de "fomento da lectura da prensa escrita polo alumnado dos centros docentes". Custo: 325.374,56 €

E por que non destinar eses cartos directamente aos centros docentes públicos para que compren as publicacións e as novas tecnoloxías que precisen? Non sería esa un mellor xeito de fomentar a lectura?
“Potenciar o galego”
En canto a segunda tipoloxía, a dos convenios para "promover e potenciar o galego" a través das xornais galegos pouco comentario merece pois brilla por anedótica a presencia da nosa lingüa neses medios. Custo: 224.359,00 €
Na teoría se lles esixe que cedan á lingua propia un 8% do seu espazo total, que en moitas ocasión non se cumpre, xa que algúns deles nin superan o 5%. Espazos que, xeralmente, son os mesmos en todos os medios: cultura e opinión, principalmente. Algúns medios, como é o caso de La Voz, xustifican o uso do galego utilizando algunha declaración dalgunha persoa en galego nunha noticia que está en español.

Sexa cunha xustificación ou con outra, o caso é ter contentos aos medios de sempre, aos que chegan a maior parte da poboación, non vaia ser que publiquen críticas ao Goberno como por exemplo gastar máis de medio millón de euros en convenios como estes e logo andar dicindo que non hai cartos e que hai que recortar en sanidade, servizos sociais ou educación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario