Achega Función Pública a relación de postos para os actos de elección de destino dos subgrupos A2, C1 e C2 de corpos xerais, tanto promoción interna como acceso libre. O prazo de alegacións remata o martes, 20 de xuño. Descargar
Na reunión do 16 de xuño limitáronse a expoñer os "criterios" para ofertar estas prazas, criterios que non deixan indiferente a ninguén.
Os procesos de acceso libre e promoción interna (PI) do A1 está sen rematar, polo que ofertarán os postos máis adiante. O acto de elección de destino de PI de tódolos grupos será en principio na primeira semana de xullo, deixando para a terceira semana dese mes a elección de destino de acceso libre dos grupos A2, C1 e C2 e o do A1 tamén sería nesa terceira semana, se estivese rematado o prazo de entrega de documentación do persoal aprobado.
Pasan unha relación en papel de postos a ofertar dos grupos A2 (28), C1 (45) e do C2 (183). A mesma relación a achegan posteriormente por correo electrónico, unha vez rematada a reunión.
Os criterios que seguiron para a selección deses postos foron os seguintes:
- Os postos que están en vermello son os que pasaron por concurso.
- Os postos que están en negro son postos que non pasaron por concurso e que están todos en SSCC.
- Os postos con fondo de cor son postos que foron ofertados en comisión de servizos nas xefaturas territoriais e non foron adxudicados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario