Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 16 de xuño de 2017

Criterios de oferta de postos para elección de destino de corpos xerais. Resumo da xuntanza do 16/06/17

Achega Función Pública a relación de postos para os actos de elección de destino dos subgrupos A2, C1 e C2 de corpos xerais, tanto promoción interna como acceso libre. O prazo de alegacións remata o martes, 20 de xuño. Descargar

Na reunión do 16 de xuño limitáronse a expoñer os "criterios" para ofertar estas prazas, criterios que non deixan indiferente a ninguén.

Os procesos de acceso libre e promoción interna (PI) do A1 está sen rematar, polo que ofertarán os postos máis adiante. O acto de elección de destino de PI de tódolos grupos será en principio na primeira semana de xullo, deixando para a terceira semana dese mes a elección de destino de acceso libre dos grupos A2, C1 e C2 e o do A1 tamén sería nesa terceira semana, se estivese rematado o prazo de entrega de documentación do persoal aprobado.

Pasan unha relación en papel de postos a ofertar dos grupos A2 (28), C1 (45) e do C2 (183). A mesma relación a achegan posteriormente por correo electrónico, unha vez rematada a reunión.

Os criterios que seguiron para a selección deses postos foron os seguintes:
  • Os postos que están en vermello son os que pasaron por concurso.
  • Os postos que están en negro son postos que non pasaron por concurso e que están todos en SSCC.
  • Os postos con fondo de cor son postos que foron ofertados en comisión de servizos nas xefaturas territoriais e non foron adxudicados.
Comunican tamén que amplían o prazo de alegacións aos criterios de baremo para os concursos de traslados e ás bases de promoción interna de persoal laboral ata o 22 de xuño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario