martes, 1 de agosto de 2017

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 25: envellecemento activo

http://www.cigsaudelaboral.org/files/documentos/Boletin%20CIG%20Saude%20Laboral%20N%C2%BA%2025.%20Version%20galego.pdf
O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 25 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou na imaxe da portada. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

No sumario deste número atopamos baixo o epígrafe Análise - Opinión, o artigo Acordo Marco Autónomo sobre o Envellecemento Activo cun Enfoque Interxeracional, no que se repasan os aspectos máis destacados do documento.

No capítulo Documento-Análise contamos co artigo A participación dos/as traballadores/as na xestión da seguridade e saúde no Estado español. A evidencia cualitativa de Esener-2, baseado no texto do Observatorio Europeo de Riscos, Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo.

Baixo o epígrafe Sabías que...?  o Boletín acolle o artigo O estrés térmico e o golpe de calor: medidas preventivas e en Información O argumento económico en favor da seguridade e a saúde no traballo: análise custo-beneficio das intervencións realizadas en pequenas e medianas empresas, baseado nun texto da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo.

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario