O mércores, 2 de agosto, tivo lugar Mesa Xeral cos seguintes temas: RPT de Cultura e Educación, RPT de Medio Rural, bases de promoción interna de persoal laboral e Axencia do coñecemento da saúde. En varios, coma sempre, tocáronse un montón de temas, aínda que, coma sempre, escasa ou nula información sobre aquelo polo que preguntabamos.
RPT de Cultura e Educación
Informa o director xeral da Función Pública (dxFP) que non hai cambios respecto do falado na xuntanza previa que tivemos o día anterior.
Na CIG recordámoslle que presentamos alegacións o luns, houbo xuntanza o martes, mesa xeral o mércores e anuncian comisión de persoal para o venres. A RPT leva anos dando voltas e agora queren despachalo nunha semana cando non se trata dunha simple adaptación á Lei de emprego público de Galiza (LEPG) e áreas funcionais. Sostemos que se trata dunha negociación fraudulenta e solicitamos a retirada de todo aquelo que non sexa unha mera adaptación á LEPG e áreas funcionais. O dxFP non acepta, polo que anunciamos que valoraremos unha posíbel impugnación xudicial.
- Amortizan 45 postos, 3 deles ocupados temporal ou indefinidamente, polo que haberá despedimentos, contradicindo o manifestado polo propio presidente da Xunta cando comezaron os recortes (de que non habería despedimentos).
- Áreas funcionais: introducen áreas funcionais en postos que ata agora non tiñan ningún mérito nin requisitos. Por esa razón solicitamos unha explicación individualizada das funcións de cada un deses postos. Reclamamos o compromiso do dxFP de estudar alternativa mediante formación para poder acceder ás áreas funcionais. Criticamos que se deixen sen área funcional aos postos base cando efectivamente realicen as funcións.
- Forma de provisión: que os postos de nivel 28 e inferiores sexan de concurso ordinario. Opomonos ao concurso específico, pois nin sequera sabemos en que vai consistir.
- Postos de Director/a de bibliotecas, museos e arquivos teñen que ser de concurso.
- Adscrición: non á apertura a outras administracións sen reciprocidade. Tampouco persoal docente.
- IES San Paio-Tui: necesario incrementar xornada ao posto de limpador/a que está a media xornada, pois a maiores do ratio que lle corresponda neste centro está a escola oficial de idiomas.
- Secretarías dos centros: que a partir dun número determinado de persoal auxiliar, doten con xefatura de secretaría, e que os secretarios dos centros non sexa docente senon funcionario de administración.
- Arquivos territoriais: homologar recursos humanos (Pontevedra, Vigo e Lugo). Crear os arquivos da Coruña e Ourense.
- Arquivo central da consellería: crear arquivo para área de Dducación.
- Arquivo de Galiza: que o posto de director/a (subdirector/a xeral de arquivos) ten que ser exclusivamente de Administración especial; que teñen que crear a sección de xestión documental e a sección de difusión.
- Negociación arqueoloxía, arquivos, bibliotecas e museos: Presentamos varios escritos (06/10/2016, 16/01/2017) e non obtivemos resposta. Ésto é, desprezan aos representantes dos traballadores. É necesario sentarse a falar das condicións de traballo, a xornada e a homologación retributiva (mencionamos o caso da biblioteca da Coruña, con postos idénticos ata en observacións pero con niveis 20, 18 e 16 no mesmo centro).
Na súa interveción, o secretario xeral afirma que:
- A consellería e Función Pública comprométense a retomar a primeiros de setembro a negociación interrumpida do persoal técnico medios de bibliotecas. A CIG advirte que se van limitarse a subir os niveis do 16 ao 18 e con cambios nas condicións de traballo, anunciámoslle un outono quente e con risco de paralización dos centros de traballo de Cultura.
- Afirma que si existiu negociación e que todo estaba respostado por escrito. => Esquece o secretario xeral que o asunto deu voltas durante anos, non concluiu, e que agora retoman con cambios e queren despachalo nunha semana. Esto é contrario aos principios de negociación colectiva.
- Si se compromete a homologar os niveis dentro de cada corpo.
- Afirma que a LD das direccións dos arquivos, bibliotecas e museos é a forma mellor. Metendo a pata falou de “rotación” =>Todos os sindicatos respostamos que non sabemos nada desa suposta rotación, pero que estariamos encantados de sentarnos a falalo e seguro que podiamos chegar a acordo de rotación.
- Do aumento de contrato para limpeza no IES San Paio afirma que a escola de idiomas non incrementa a ratio. => Certo, pero si aumenta a suciedade por haber máis persoas.
RPT de Medio Rural
Desde a CIG, co requisito que lle poñen ao posto de persoal veterinario estamos case certas de que non se vai cubrir. Mesmo se non tivesen a ningún persoal veterinario de carreira que cumprise o requisito, dubidamos que poidan utilizar as listas, pois ese requisito non se lles esixiu. Esisixos, canto menos, que o retiren como requisito imprescindible e o poñan como mérito.As vacas non entenden dos horarios humanos, así que se necesitan persoal veterinario para os animais que sexa outro diferente do profesor/a
Bases das convocatorias da promoción interna de persoal laboral
O dxFP anuncia cambios de cara á Comisión de Persoal pero non os relata.
Desde a CIG mantemos as nosas alegacións, pero centrámonos en que queremos que os cursos de formación non caduquen, que recuperen as entidades formadoras que eliminaron, que o exercicio de galego sexa obrigatorio e que acepten as nosas alegacións ao temario => Posteriormente á Mesa Xeral verificamos que efectivamente recuperaron as entidades formadoras e introduciron integramente o noso temario, restando que a formación non caduque.
Discrepamos dos demáis sindicatos en que os outros queren que desapareza a proba de galego (nen sequera lles vale co certificado Celga correspondente). A CIG reclama exame obrigatorio de galego ou mellor que o test sexa exclusivamente en galego e así eliminamos a proba de galego. O dxFP mantén a súa proposta.
CSIF quere retirar a proposta da convocatoria e que sexa traida coa de libre como persoal laboral laborais. A CIG manifesta que a libre debe ser tamén convocada como categoraías de persoal laboral, pero eso non quita que a promoción interna continúe para adiante.
O dxFP di que antes da Comisión de Persoal dará resposta á posibel non caducidade dos cursos. Tamén que revisarán o requisito dos dous anos de carnét de conducir. E que a oposición de libre será para persoal funcionario cando exista unha escala de persoal funcionario, eso é algo innegociable.
Axencia do Coñecemento da Saúde
Remitímonos ao manifestado na xuntanza previa: que a supriman, que xa hai persoal estatutario suficientemente cualificado para levar esto sen necesidade de crear unha axencia.
Varios
- Chamamento de persoal orientador de emprego: non teñen nada previsto.
- 17 maio de 2018: será un festivo recuperable (cousa que xa se sabía) e que se actuará como se ten feito noutras ocasións con situacións similares =>esquece o director que a última vez que se empregou (2000 e 2001) non había flexibilidade horaria nin teletraballo na Xunta.
- Cronograma dos procesos selectivos pendentes: informarán na Comisión de Persoal.
- Temario dos profesores numerarios: informarán na Comisión de Persoal.
- Solicitudes de 2ª actividade persoal laboral do SPDCIF: informarán na Comisión de Persoal.
- Próximos entes a integrar sen data concreta: Aturga e Xestur.
- Próximos entes a adaptarse á LOFAXGA: Cixtex, Agader e Agacal.
- Continuamos agardando polo informe da asesoría xurídica polo proceso selectivo C2 libre.
- Informamos de que en Ourense houbo un chamamento polo Inem para a cobertura dunha praza de ATS á que se presentaron 6 candidatos/as, o que demostra que si hai ATS no Inem e que non é necesario tirar das listas do Sergas.
- Expuxemos que derivado do proceso de PI do C2 quedaron sen persoal darredor de 100 postos de persoal subalterno, polo que preguntamos como se van prover, tendo en conta que moitos deles son en centros de ensino e estando ás portas dun novo curso escolar. Dixeron que a cobertura sería ordinaria como en calquera outra PI, sen concretar máis.
- Xa teñen os criterios que lle mandaron do Ministerio de Hacienda para desenvolver en Galicia, o acordo de mellora do emprego público. Insiste o dxFP que eses criterios ratifican a posición defendida pola Dirección Xeral de Función Pública sobre a legalidade do acordo de integración do persoal do Consorcio I+B. En todo caso anuncia que o venres día 4 haberá unha xuntanza dacomisións de seguimento do citado acordo onde explicará mais detidamente este tema
- Solicitouse unha copia do acordo entre Política Social e o Sergas polos EVOS, respostan que vai ser publicado na páxina de transparencia da Xunta...
- Centro de menores Avelino Montero de Pontevedra: di o dxFP que non vai haber cambios nin na súa estrutura nin no seu persoal...
Ningún comentario:
Publicar un comentario