venres, 15 de decembro de 2017

Calendario laboral 2018

https://drive.google.com/file/d/1IpG8KrRMk2Pkp2TPa9gCBQk6l0NceyVG/view?usp=sharing
Pica na imaxe para descargar

Xa dispoñible para descarga o noso calendario laboral 2018 (inclúe festivos en Compostela) 


A Xunta aprobou no DOG 14/09/2017 o calendario laboral do 2018, con datas festivas habituais como o Día Nacional de Galiza ou o Día das Letras.

Desta volta o 17 de maio é un festivo recuperábel en función do criterio de cada empresa, ao non cadrar en domingo ningún festivo estatal co que intercambialo, como xa acontecera outros anos como 2000, 2001 ou 2007. A estas xornadas festivas engádense as de ámbito municipal.

Posteriormente, no DOG 07/12/2017 publicáronse os festivos locais de toda Galiza para 2018. Entroido, San Roque ou San Martiño volven ser algunhas das máis elixidas para engadir aos festivos de carácter estatal ou autonómico. En Compostela, coma sempre, serán festivos o xoves,  10 de maio (Ascensión) e o xoves, 16 de agosto (San Roque).

Por último, recordar que consonte á organización interna  (DOG 04/03/2016) os días 24 e 31 de decembro permanencerán pechadas as oficinas públicas da Xunta de Galiza salvo as de Rexistro e Información. Non obstante, o persoal que traballe os días 24 e 31 de decembro poderá gozar dun día adicional de asuntos particulares por cada día traballado. 

Descargar calendario laboral

Ningún comentario:

Publicar un comentario