No DOG do 12/12/2017 publícase a ridícula Oferta de Emprego Público da Xunta para Administración xeral no 2017.
Esta oferta é ridícula non só polo reducido número de prazas convocadas agora que xa "superamos a crise económica", senón polo burdo engano que supón, que ten máis de propaganda política que de cubrir as necesidades dos maltreitos servizos públicos. E ademais de ridícula, chega bastante tarde, a finais de ano.
Se quitamos das 789 prazas ofertadas en Administración Xeral, as 150 de promoción interna separada e as 213 de consolidación de persoal laboral (derivadas xa daquela OPE de 2008 nunca executada), quedan 426 porque as anteriores non elevan a taxa de reposición. Que falando de taxa de reposición, esta só é do 100% nos "sectores prioritarios". Quer dicir isto que na maoría de casos só cubren 1 de cada 2 xubilacións, amortizando o resto das prazas, ou máis ben, o crédito equivalente, creando cada vez unha estructura piramidal de recursos humanos máis invertida.
E para cando as convocatorias?
Como
todas as ofertas na Xunta, e xa temos bastantes precedentes, ata que
chega a convocatoria e finalmente as tomas de posesión poden pasar 8
anos como nos procesos de promoción interna do 2009 que finalmente houbo tomas de posesión no 2017, ou os 5 anos para tomar posesión neste proceso de escala de topografía no que só se convocaba unha praza, só por poñer dous exemplos.
E
como ben sabemos, que se oferte, non quere dicir que se convoque, como
así veñen logo as acumulacións de OPEs ou directamente a súa non execución. E logo temos os cronogramas incumpridos, estirando o
chicle dicindo que agora si, que agora vai, pero logo non. Que llo digan
a todas esas persoas que malgastan tempo e diñeiro na preparación das
oposicións da Xunta.
Sen ir máis lonxe, anteriormente xa denunciabamos que só de promoción interna teñan sen convocar nas OPEs de 2015 e 2016 un total de 224 prazas e iso que teñen menor impacto económico orzamentario que as de acceso libre.
Non chega para cubrir os recortes
Como dicimos, esta oferta non vai orientada a cubir os recortes ou paliar a alta temporalidade nin o aumento desta desde 2008 a 2016; vai só encamiñada a conter mínimamente a sangría das xubilacións dun cadro de persoal cunha idade media que supera os 50 anos. Recordemos ademais que ata este ano a taxa de reposición foi do 0%, do 10% e agora do 50%. Así pois, non hai interse ningún en cubrir as necesidades de persoal nos serivzos públicos, ben o vemos despois nas privatizacións ou encomendas de xestión, para as que si hai cartos públicos, que só traen sobrecustos e precariedade laboral a través de subcontratas.
Para corroborar o anterior, non hai máis que botar un ollo aos datos que publica a propia Xunta sobre efectivos de persoal desde 2008-segundo semestre- a 2016-segundo semestre- (onde rematan os datos dispoñibles). Nese período, o que vemos é un descenso neto de efectivos desde os 16.363 a 15.902, que en termos relativos non é moito (-2,9%) pero a clave está en que para paliar a sangría de postos fixos, aumentaron, e moito, as contratacións temporais, sobre todo no persoal laboral.
P. Funcionario | 2008 | 2017 | Variación |
De carreira | 8.157 | 7.521 | -7,80% |
Interino | 1.117 | 685 | -38,68% |
Total | 9.274 | 8.206 | -11,52% |
P.Laboral | 2008 | 2017 | Variación |
Fixo | 5.727 | 4.744 | -17,16% |
Temporal | 1.362 | 2.952 | 116,74% |
Total | 7.089 | 7.696 | 8,56% |
TOTAIS | 16.363 | 15.902 | -2,82% |
Como vemos, entre 2008 e 2016 duplicouse o número de efectivos temporais entre o persoal laboral. Porén, a temporalidade entre o persoal funcionario reduciuse en algo máis dun terzo. Pero ollo, que como veremos, eso non quer dicer que aumetantara o número de efectivos fixos; é máis o número de persoal funcionario de carreira reduciuse en case tantos efectivos como persoal funcionario interino queda na actualidade.
En termos relativos, a temporalidade, polo tanto, reduciouse entre o persoal funcionario pero é que tamén se reduciu o persoal funcionario de carreira, en 11,52%, perdendo máis de 1.000 efectivos en todos estes anos.
No persoal laboral, pola contra, o balance global é positivo, aumentando a porcentaxe de efectivos en 8,5%, se ben a base dun terrible aumento da temporalidade. Mentres o persoal fixo caeu nestes anos nun 17%, os contratos temporais aumentaron nun 116%, duplicando a taxa de temporalidade desde finais de 2008 desde o 20 ata o 38%.
En conclusión, temos que as ofertas de emprego público destes anos reduciron de xeito neto o número de efectivos, reduciron o número de efectivos fixos e aumentaron a temporalidade, sobre todo no persoal laboral, onde 4 de cada 10 contratos son temporais. Para maior abundancia, hai que ter en conta que nestes números de
temporalidade a Xunta non conta os contratos menores a 6 meses, moi
habituais entre o persoal laboral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario